miniatura|220px|Representación de Dioscórides. Pedanio Dioscórides (en latín Pedanius Dioscorides, en grego antigo Πεδάνιος Διοσκορίδης Pedánios Dioskorídēs), naceu contra o ano 40 en Anazarbo, Cilicia, Asia Menor e morreu contra o ano 90.
Foi un médico, farmacólogo e botánico grego, cuxa obra De Materia Medica alcanzou unha ampla difusión, converténdose no principal manual de farmacopea durante toda a Idade Media e o Renacemento.
Traxectoria Pouco se sabe da súa vida. Practicou a medicina en Roma na época dos emperadores Claudio I e Nerón. Segundo a propia testemuña que figura na carta que serve de prólogo á súa obra, foi cirurxián militar no exército romano, co que tivo a oportunidade de viaxar en busca de substancias medicinais por todo o mundo coñecido.Borzelleca, Joseph F. e Lane, Richard W. "The Art, the Science, and the Seduction of Toxicology: an Evolutionary Development". En Hayes, Andrew Wallace (2001): Principles and Methods of Toxicology. 4th ed. Philadelphia : Taylor & Francis. ISBN 1-56032-814-2.
A súa obra: De Materia Medica Entre os anos 50 e 70Forbes, Andrew; Henley, Daniel e Henley, David (2013): "Pedanius Dioscorides" en Health and Well Being: A Medieval Guide. Chiang Mai: Cognoscenti Books. Dioscórides escribiu, en cinco volumes, a súa magna obra Περὶ ὕλης ἰατρικῆς Perì hýles iatrikês (en galego: Sobre a materia da medicina) máis coñecida posteriormente polo nome da súa tradución latina De Materia Medica, precursora da moderna farmacopea.Greek Medicine. Dioscorides: Early Pharmacology National Institutes of Health, USA. 16 September 2002. Consultada o 15/07/13.
No texto describe unhas 600 plantas medicinais, incluíndo a mandrágora, uns 90 minerais e ao redor de 30 substancias de orixe animal.Krebs, Robert E. e Krebs, Carolyn A. (2003): Groundbreaking Scientific Experiments, Inventions, and Discoveries of the Ancient World. Greenwood Publishing Group. pp. 75-76. A diferenza doutras obras clásicas, este libro tivo unha enorme difusión na Idade Media tanto no seu orixinal grego como en outras linguas, tales como o latín e o árabe.Algúns detalles sobre manuscritos meievais de De Materia Medica en Ibidis press . miniatura|350px|Tradución árabe de De Materia Medica de Dioscórides. Cumin & dill. c. 1334. Museo Británico de Londres.
O códice máis antigo que se conserva da obra data de comezos do século VI, e foi copiado para uso da patricia romana Anicia Juliana, filla do emperador Anicio Olibrio. Este manuscrito ten un total de 491 folios, e case 400 ilustracións a páxina completa. En 1569 foi adquirido polo emperador Maximiliano I, conservándose na Biblioteca Nacional de Austria (Österreichische Nationalbibliothek). É coñecido como Codex Vindobonensis Med. Gr. 1. (Vindobona é o nome latino de Viena) ou, simplemente, como o "Dioscórides de Viena".Selin, Helaine (2008): Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures. Springer. p. 1077.
A obra foi traducida por primeira vez ao árabe no século IX, no Bagdad abasí. No século seguinte, o emperador bizantino Constantino Porfiroxéneta enviou o libro como presente ao califa cordobés Abderramán III un exemplar en grego, que foi traducido ao árabe por un monxe chamado Nicolás, coa axuda do xudeu Hasdai ibn Shaprut.García Sánchez, Expiración, ed.(1990): Ciencias de la naturaleza en al-Andalus: textos y estudios. I, Volume 1 Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07027-5.
Imprimiuse por primeira vez, en latín, en 1478, en Colle (Toscana) por Pedro Paduano. A primeira edición ibérica de Dioscórides foi a castelá de Andrés Laguna (1511 - 1559), feita a partir da de Jean de Ruelle, titulada Pedacio Dioscorides... Materia medicinal (Anveres, 1555).Dubler, César E. (1952/59): La 'Materia Medica' de Dioscórides. Transmisión medieval y renacentista. 6 vols. Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dioscórides / Pseudo Dioscórides (1998): Plantas y remedios medicinales. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1957-3 Volumen I: Libros I-III ISBN 978-84-249-1958-0 Volumen II: Libros IV-V ISBN 978-84-249-1959-7 Dubler, César E. (1952/59: La 'Materia Medica' de Dioscórides. Transmisión medieval y renacentista. 6 vols. Barcelona. Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Barcelona: Adiciones Península. 3ª ed. (A primeira edición é do ano 1961. Barcelona: Editorial Labor.) Pedacio Dioscórides Anazarbeo (1555): Acerca de la materia medicinal y de los venenos mortiferos. Edición dixitalizada. Biblioteca Digital Hispánica. Identificador dixital Riddle, J. M. (1985): Dioscorides on Pharmacy and Medicine. Austin: University of Texas Press. Riddle, J. M.: Dictionary of Scientific Biography. Vol. 4, páxs. 119-123.
Outros artigos Historia da farmacia Historia da medicina Plinio o Vello Teofrasto
Ligazóns externas Dioscórides Interactivo
Categoría:Botánicos da Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados en 40 Categoría:Finados en 90