miniatura|Equipo de cirurxiáns e enfermeiras durante unha operación cirúrxica obstétrica: a cesárea. miniatura|Operación de apendicectomía. Denomínase cirurxía, do grego antigo χείρ (cheír, 'man') e ἔργον (érgon, 'traballo'), de onde χειρουργεία (cheirourgéia, 'traballo manual'), á práctica que implica a manipulación mecánica, manual ou coa axuda instrumental, nas estruturas anatómicas do paciente con finalidade médica, ben sexa diagnóstica, terapéutica ou prognóstica.
A cirurxía caracterízase, fundamentalmente, por estes tempos principais:
diérese:Do latín diaeresis, e este do grego διαίρεσις (diaírseis, 'división'), de διαιρέω (diairéo, dividir', separar') separación, por procedementos cirúrxicos, de partes normalmente unidas (tecidos), que posibilita o aceso á rexión que se pretende operar, hemostase:Do grego antigo αἱμόστασις (hemóstasis), de αἷμα (haîma, 'sangue') e στάσις (stásis, 'fixación', 'detención'). detención do derramamento de sangue para evitar a hemorraxia, exérese:Do latín científico exeresis, e este do grego εξαίρεσις (exsaíresis, 'extirpación das vísceras das vítimas', 'extracción dun dente'); de εξαιρέω (exaíreo, 'sacar', 'quitar', 'eviscerar'). separación dunha parte, natural ou patolóxica, do corpo, e síntese:Do grego antigo σύθεσις (sýnthesis, 'poñer xuntos'). pechamento dos tecidos.
O cirurxián xeral realiza a maior parte das cirurxías e asume a dirección do tratamento do paciente politraumatizado grave, indicando cando e onde debe actuar cada especialista.
A cirurxía do trauma (entendéndose aquí por trauma toda lesión corporal causada por caída, colisión ou feridas por armas brancas ou de fogo) é unha das principais áreas de actuación do cirurxián xeral. Noutros casos, como veremos máis abaixo, interveñen cirurxiáns especialistas.
Historia da cirurxía
Introdución O desenvolvemento e o progreso da cirurxía en occidente estivo moi influído por numerosos acontecementos, e durante moi longo tempo os cirurxiáns foron relegados nunha caste inferior entre os sandadores. Non foi até o século XIX cando os grandes progresos no contexto político, relixioso e tecnolóxico, permitiron a dignificación e a consideración social da cirurxía e dos cirurxiáns. Até finais do século XVIII (en Francia e Alemaña), ou mediados do XIX (en España), as profesións de cirurxián e de médico eran diferentes, incluso con distintas consideracións sociais.A profesión médica considerábase superior, mentres que o cirurxián era unha especie de simple artesán.
En occidente, na Idade Media, os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de comadroas e parteiras). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque "Ecclesia abhorret a sanguine" (a Igrexa ten horror ao sangue).En 1163, no concilio de Tours, A Igrexa decreta: Ecclesia abhorret a sanguine Pratique médicale et identité culturelle , Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005. Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos barbeiros que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías etc., despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de cirurxián-barbeiro. miniatura|180px|María Tareixa de Austria e o seu fillo máis vello Luís, o Gand Dauphin. miniatura|dereita|250px|Lois XIV e a súa familia, por Nicolas de Largillière.
É famoso o caso de María Tareixa de Austria (1638 - 1683), filla de Filipe IV de España e esposa de Lois XIV de Francia que tiña un absceso na axila; Antoine Daquin, médico do rei, opúxose a que Dionis, o cirurxián, lle practicase unha incisión e a raíña morreu.María Teresa morreu bruscamente, o 30 de xullo de 1683, en Versalles, a consecuencia dun tumor benigno na axila do brazo esquerdo mal coidado. O absceso, violáceo e purulento, foi combatido inutilmente cunha sangría e un emplasto húmido, e derivou en septicemia. Véxase: Rorive, Jean Pierre (2005): Petites histoires des grands de France. Jourdan Editeur..
Máis tarde, en 1686, Lois XIV, afectado dunha fístula anal, vendo que os tratamentos médicos non daban ningún resultado, fixo chamar ao seu cirurxián, un tal Félix Tassy, que o curou, o que permitiu darlle un certo crédito aos cirurxiáns entre os médicos.
Na Francia da época, Jean Pitard, un barbeiro famoso, obtivo do prévôt royal Oficial de xustiza. de París, Etienne Boileau, a autorización para constituír unha corporación independente, baixo a dirección de seis xurados, para examinar aos barbeiros que desexasen practicar a "cyrurgie" (cirurxía, no francés da época). Isto provocou un enfrontamento entre a corporación dos barbeiros e a Facultade de Medicina, que se resolveu cun decreto de 1660 que anulaba a creación da corporación dos cirurxiáns. Estes pediron o seu restablecemento e someterse ao primeiro barbeiro do rei, Retz de Villeneuve; pero Lois XIV opúxose e exixiu que fose Félix Tassy, quen obtivo o posto.
Creouse unha cátedra de cirurxía no Jardin des plantes de París, da que se encargou Dionis. Co apoio do rei, os primeiros cirurxiáns (Mareschal, Lapeyronie, Lamartinière) obteñen cinco prazas de profesores nomeados polo primeiro cirurxián.
Isto provoca a cólera da Facultade de Medicina, que se manifesta nas rúas de París exixindo nomear ela aos profesores. Pero as turbas acoden en apoio da Facultade de Cirurxía e os médicos débense poñer a salvo, despois de seren batidos e humillados.
A partir dese momento, os cirurxiáns obteñen incluso que se lles provea dos cadáveres necesarios para os seus estudos sen os ter que reclamar á Facultade de Medicina.
A pesar diso, o número de cadáveres era insuficiente e algúns foron roubados nos cemiterios ou comprados directamente aos verdugos, o que provocou novas batallas coa Facultade de Medicina, que non vacilou en facer intervir aos bedeis para recuperar os corpos ou provocar sanguinarias batallas.
Coa Revolución francesa a diferenza entre cirurxián e médico foi abolida e non houbo máis que un ensino único que comprendía a medicina, a cirurxía e os partos.
Prehistoria Da época prehistórica algunhas pezas esqueléticas fósiles atestan feitos cirúrxicos tales coma craniotomías (numerosos casos de trepanacións) e de amputacións de membros (máis raros) a partir do Mesolítico.Agelarakis, A. (2006): "Early Evidence of Cranial Surgical Intervention in Abdera, Greece, A Nexus to On Head Wounds of the Hippocratic Corpus". Mediterranean Archaeology & Archaeometry, Vol.6, Nº 1, páxs. 5-18.Agelarakis, A. (2006): "Artful Surgery: Greek Archaeologists Discover Evidence of a Skilled Surgeon Who Practiced Centuries Before Hippocrates", Archaeology, Vol. 59/2, páxs. 26-29. Tamén se encontraron evidencias en restos humanos prehistóricos do Protoneolítico Ralph Solecki, Rose Solecki and Anagnostis Agelarakis (2004): The Proto-Neolithic Cemetery in Shanidar Cave. Texas. A&M University Press, College Station. e do Neolítico, en pinturas rupestres. Encontráronse máis de 120 cranios prehistóricos en Francia, datados en 6500 a.C., 40 deles con furados de trepanación. miniatura|320px|esquerda|Cranio datado no Neolítico, 3500 a. C., conservado no Museo de Historia Natural de Lausana, trepanado posibelmente con sílex. Crese que tras a operación o doente sobreviviu.
Folke Henschen, médico e historiador sueco expón que en escavacións realizadas en 1970, os sedimentos do río Dniéper amosan a existencia da trepanación no Mesolítico, hai aproximadamente 14.000 anos.Henschen, Folke (1995): The human skull. A cultural history. New York: Praeger Suxírese que as trepanacións facíanse para curar epilepsias, hemicranias, e cefalalxias.Brothwell, D. R. (1963): Digging up Bones. Os sinais de cicatrización nos bordos das reseccións permiten pensar que a craniotomía non era fatal, e que o operado sobrevivía despois da operación. O estudo das técnicas utilizadas por pobos primitivos de Suramérica e da illa de Borneo, permiten facerse unha idea do que se podería utilizar na época prehistórica. A preparación do doente, é dicir, o seu adormecemento, podería realizarse con derivados da durmideira.Cruzeby, E. (1996): "Surgery at the origins of agriculture: the case of central Europe", in Anthropologie.
Aínda que menos frecuentes, coñécense polo menos tres casos de amputación no Neolítico antigo en Europa occidental: Sondershausen, en Alemaña (amputación dun brazo), Vedrovice, en Moravia (amputación da man) e Buthiers-Boulancourt, Francia, que, grazas ás modernas técnicas, revelan unha amputación do antebrazo esquerdo practicada hai 6900 anos a un home de certa idade.Buquet-Marcon & al. (2009): "A possible Early Neolithic amputation at Buthiers-Boulancourt (Seine-et-Marne), France", in Antiquity.
A cirurxía no mundo antigo Mesopotamia Os primeiros trazos de actividades científicas datan das civilizacións humanas do neolítico, onde se desenvolven o comercio e a urbanización Russell M. Lawson, (director), Science in the ancient world - An Encyclopedia, ABC-CLIO, 2004, páx. 149. . Así, para André Pichot, en La Naissance de la science,André Pichot (1991): La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard. a ciencia nace en Mesopotamia (entre os ríos Tigris e Éufrates), contra os anos 4000 - 3500 a.C., na civilización sumeria, principalmente nas cidades de Sumer e Elam. miniatura|200px|dereita|No código de Hammurabi inclúense algunhas leis referidas especificamente á cirurxía.
Nesta civilización, a innovación máis importante é a invención da escritura cuneiforme (en forma de cuñas ou cravos) que, mediante pictogramas, permite a reprodución de textos, e a elaboración abstracta de conceptos.
A civilización mesopotámica levou á constitución das primeiras ciencias, tales coma a metroloxía,André Pichot, Op. cit. páx.75: Sería necesaria a invención do sistema métrico para encontrar algo equivalente., a álxebra, a astronomía (cálculos de mecánica celeste, previsións dos equinoccios, descríbense constelacións).Foron os que describiron e nomearon as que constitúen o Zodíaco. e a medicina.
A medicina ten un estatuto particular; é a primeira ciencia práctica herdeira dun coñecemento intuitivo.André Pichot, Op. cit., páx. 169: Comparativamente ás disciplinas expostas antes, a medicina ten aquí de particular que xorde máis da técnica (é dicir, da arte) que a ciencia propiamente dita, polo menos no que concirne ás súas formas primitivas. Das 30.000 táboas cuneiformes descubertas, unhas 800 tratan algún tema médico (unha delas, a primeira receita coñecida). O nome do primeiro cirurxián coñecido é Urlugaledin, do 4000 a.C., cuxo cruño persoal, que se acha no Museo do Louvre de París, mostra dous coitelos rodeados de plantas medicinais. O modelo de saúde-enfermidade entre os sumerios baseábase nunha concepción sobrenatural da enfermidade: esta era un castigo divino imposto por diferentes demos tras a ruptura dalgún tabú. Por tanto a medicina estaba intimamente ligada ao sacerdocio, quedando a cirurxía relegada a especialidade médica de segunda categoría.Kramer, Samuel Noah (1975): La historia empieza en Sumer. Círculo de lectores. Non obstante, o desenvolvemento das técnicas cirúrxicas é notábel: en Nínive encontráronse instrumentos de bronce e obsidiana de elegante factura: bisturís, serras, trépanos etc.
O código de Hammurabi (achado en Susa, Irán, e conservado no Museo do Louvre), por outra parte, ampara baixo a súa profusa lexislación a especialidade da cirurxía. Algúns fragmentos deste código tratan especificamente sobre intervencións cirúrxicas."Código de Hammurabi"
India