A tempada 2004-2005 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 38 da máxima categoría do rugby en España. Ó remate do campionato, a vitoria final foi para UE Santboiana por sexta vez na súa historia.
O Club de Rugby El Salvador era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os novos equipos na categoría foron dous antigos campións da máxima competición nacional de rugby: CD Arquitectura e CR Ciencias, que ocuparon os lugares que deixaron os descendidos Valencia RC e RC L'Hospitalet.
Esta tempada foi a derradeira na que se empregou o antigo sistema de puntuación simple, que outorgaba 2 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota.
Equipos Equipo EstadioCidadePozuelo UCM Valle de las CañasMadridClub Alcobendas Rugby Campo das TerrazasAlcobendasClub de Rugby El Salvador Campos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby Ciencias Anexo ó Estadio da CartujaSevillaGetxo Rugby Taldea Campo de UrbietaGetxoCD Universidad de Sevilla Campo de San PabloSevillaClub Deportivo Arquitectura Estadio Central ComplutenseMadridBera Bera Rugby Taldea Miniestadio de AnoetaDonostiaValladolid Rugby Asociación Club Campos de Pepe RojoValladolidUnió Esportiva Santboiana Baldiri AleuSant Boi de Llobregat
Clasificación
Tempada 2004-2005 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidos 1 Santboiana 32 18 16 0 2 2 El Salvador 31 18 15 1 2 3 Bera Bera 25 18 12 1 5 4 VRAC 19 18 9 1 8 5 Pozuelo UCM 18 18 8 2 8 6 Ciencias 16 18 7 2 9 7 Alcobendas 14 18 6 2 10 8 Getxo 13 18 6 1 11 9 Univ.Sevilla 9 18 3 3 12 10 Arquitectura 3 18 1 1 16A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.
<<<< 2003/04 — Tempadas — 2005/06 >>>><noinclude>
Datos finais do campionato:
UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 32 puntos en 18 xornadas. Foi o 6º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Univ.Sevilla e Arquitectura, descenderon de categoría ó remate da tempada, así como Pozuelo UCM por razóns económicas. Os equipos Ordizia, BUC e Liceo Francés, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2005-06 da División de Honra.
Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2004-05
Ligazóns externas http://www.ferugby.com Santboiana campeón, en RugbyFun.com.ar
Categoría:Rugby en 2005 Categoría:División de Honra de Rugby