O Estadio Nueva Balastera é un estadio de fútbol da cidade de Palencia, en Castela e León, España. É de propiedade municipal e o seu equipo local é o Club Deportivo Palencia Balompié. Foi inaugurado en 10 de outubro de 2006, e posúe unha capacidade de aproximadamente 8.100 espectadores.
Datos básicos O seu principal impulsor e promotor foi o malogrado presidente Alberto de la Corte López, que rescatou en 2001 a vella idea dun novo estadio para Palencia e animou a institucións públicas e privadas para que retomasen o proxecto. A súa ausencia o día da inauguración foi moi recordada por toda a afección. Alberto de la Corte López faleceu tras unha longa enfermidade sen poder ver cumprido o seu soño dun novo estadio para Palencia. Foi construído pola unión das empresas Hormigones Sierra, Inmobiliaria Río Vena e Promociones Pal cun custo final de 18 millóns de euros. O arquitecto foi o navarro Patxi Mangado, o cal procurou un estilo minimalista e sobrio ao edificio. Deuse especial importancia á iluminación do edificio, tanto cara ao interior como cara ao exterior do mesmo. O estadio ten capacidade para 8.070 persoas, todas elas sentadas, a diferenza do antigo estadio de La Balastera. O nome seleccionado foi o de manter o do antigo estadio coa diferenciación de chamalo Novo Estadio. Outros nomes barallados foron Reino de Castilla, ou o do atleta palentino Mariano Haro. Nel áchanse as oficinas do Padroado municipal de deportes e do Club de Fútbol Palencia.
O estadio consta dun piso baixo de cristal e outro superior e máis grande cuberto de láminas metálicas. Cara ao interior, catro torres moi inclinadas no seu punto medio iluminan o campo cuxas bancadas, de cor verde azulado trouxeron polémica porque os palentinos desexábanas moradas, cor típica da cidade. No entanto, os veciños da cidade quedaron sorprendidos coa súa iluminación: a separación dos pisos queda marcada cunha fila de lucecillas e as torres que soportan os focos que iluminan o campo son translúcidas, creándose un sorprendente efecto visible desde moitos puntos da cidade. Curiosamente, o estadio resultou moi barato para a cidade xa que o lugar que ocupaba a Antigua Balastera foi entregado ás empresas construtoras a cambio da construción do actual estadio.
Inauguración 300px|miniatura|Aspecto nocturno do estadio, coas súas características torretas de iluminación en funcionamento. Foi inaugurado o día 10 de outubro de 2006 baixo unha choiva intermitente e aínda sen finalizar. O acto foi realizado pola selección española Sub-21, cun encontro internacional de clasificación á Eurocopa de fútbol 2008 e aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. O encontro disputouse entre España e Italia co resultado de 1-2.
Prestixio O estadio gañou un gran prestixio mundial. A primeira aparición do estadio no estranxeiro foi nunha reportaxe que realizou Patxi Mangado para o New York Times, onde gustou aos estadounidenses. A continuación realizouse unha exposición de arquitectos españois en Nova York, onde Patxi Mangado tamén o mostrou. No mes de xuño de 2007 gañou en Barcelona un premio por este estadio e gaño tamén o Premio Nacional de Arquitectura.
Vendéronse todas as localidades.
Véxase tamén Club de Fútbol Palencia Club Deportivo Palencia Balompié
Ligazóns externas Sitio web do arquitecto do estadio Sitio web oficial do CF Palencia
Balastera Categoría:Deporte en Palencia