A Liga Británica de Atletismo, ou British Athletics League é unha competición de atletismo masculina por equipos, a máis importante do Reino Unido por historia e número de clubs que participan nela.

Creada en 19692011 League Information, Programa da BAL, British Athletics League, p. 15., a Liga Británica de Atletismo tiña en 2011 cinco divisións distintas, que acollían un total de 38 equipos de atletismo ao longo e largo do Reino Unido, se ben a maior parte dos clubs participantes son ingleses.

Competición Dende 2009, a competición está organizada en cinco divisións (Premiership ou Honra, National 1, National 2, National 3 e National 4). Cada unha delas ten oito clubs participantes, con excepción da 4ª División, que só ten seis. Cada tempada, dous equipos ascenden á categoría superior e dous descenden á categoría inferior de cada unha das divisións. A última mudanza no número de divisións ocorreu en 2009, coa creación da 4ª DivisiónBAL Website..

En cada unha das tempadas hai catro partidos. Os equipos reciben puntos neses partidos de acordo cos seus resultados atléticos (do 1 ao 8 por proba), que ao sumárense, establecen unha clasificación definitiva de 1 a 8 puntos por partido. Ao engadírense os resultados dos catro partidos defínense os ascensos, descensos e campionatos.

Equipos que levaron o título dende 2005 2005: Campión da 1ª División: Woodford Green with Essex Ladies. 2006: Campión da División de Honra: Belgrave Harriers 2007: Campión da División de Honra City of Manchester 2008: Campión da División de Honra: Newham and Essex Beagles 2009: Campión da División de Honra: Newham and Essex Beagles 2010: Campión da División de Honra: Newham and Essex Beagles

Equipos en 20112011 League Information, Programa de man da BAL, British Athletics League, p. 10-12. División de Honra País Club Primeira participación na BAL Birchfield Harriers 1969 Cardiff Amateur Athletic Club 1969 City of Manchester 1969 City of Sheffield Athletic Club 1977 Enfield and Haringey Athletic Club 1972 Newham and Essex Beagles 1975 Shaftesbury Barnet Harriers 1976 Woodford Green with Essex Ladies 1969

1ª División País Club Primeira participación na BAL Belgrave Harriers 1969 Blackheath and Bromley Harriers 1969 City of Liverpool 1970 Crawley Athletic Club 1985 Gateshead Harriers 2006 Harrow Athletic Club 1986 Kent Athletic Club 2002 Windsor, Slough, Eton and Hounslow Athletic Club 1979

2ª División País Club Primeira participación na BAL Basingstoke and Mid Hants 2006 Derby Athletic Club 2004 Exeter Harriers 2009 Herne Hill Harriers 1983 Notts Athletic Club 1969 Southend-on-Sea Athletic Club 2005 Thames Valley Harriers 1969 Trafford Athletic Club 1974

3ª División País Club Primeira participación na BAL Cambridge Harriers 1988 Chanel Islands Athletic Club 2008 Glasgow Athletic Club 2010 Havering Mayesbrook Athletic Club 1991 Kingston Athletic Club and Polytechnics Harriers 1969 Leeds City Athletic Club 1979 Swansea Harriers Athletics Club 1971 Yeovil Olympiads Athletic Club 2009

4ª División País Club Primeira participación na BAL Bournemouth Athletic Club 2009 Mansfield Harriers 2010 Nene Valley Harriers 2011 Reading Athletic Club 1971 Southampton Athletic Club 1969 Victoria Park and Tower Hamlets Athletic Club 2009

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas British Athletics League

Categoría:Competicións de atletismo Categoría:Atletismo no Reino Unido Categoría:Competicións deportivas no Reino Unido