O HC Neftekhimik (en ruso Нефтехимик Нижнекамск, en galego Petroquímicas Nizhnekamsk) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Nizhnekamsk, na República de Tatarstán, un estado federado da Federación Rusa. O equipo está encadrado dentro da División Kharlamov da Kontinental Hockey League.
Historia O club foi fundado o 23 de outubro de 1968 en Nizhnekamsk pola industria petroquímica. Boris Pavlov foi o primeiro adestrador. En 1968, o equipo inscribiuse no campionato da República de Tatarstán. En 1979 foi subcampión da copa da TASSR. En 1995, gañou a Vysshaya Liga e accedeu á elite do hóckey sobre xeo ruso. No 2008 integrouse nunha nova competición, a Kontinental Hockey League (KHL).
Palmarés 1 Vysshaya Liga: 1995 1 Tampere Cup: 2002
Xogadores que xogaron na NHL Mikhail Grabovski (2003-05)
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do HC Neftekhimik Nizhnekamsk
Neftekhimik Neftekhimik