Jamie Campbell Bower nado o 22 de novembro de 1988 en Londres, é un actor, cantante e modelo inglés que é coñecido polo seu papel de Anthony Hope no filme de Tim Burton Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street, ademais de ser escollido para o papel de Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Traxectoria Comezou a súa carreira cando Laura Michelle Kelly, actriz e cantante inglesa amiga da súa familia, lle presentou ó seu axente. Foi membro do National Youth Music Theatre (NYMT), organización para xoves artistas de teatro musical adicada á realización de producións e estimulación dos seus membros mediante talleres de formación e audicións. No ano 2007, fixo o seu debut na pantalla grande, interpretando a Anthony Hope na adaptación cinematográfica do musical Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street.
En 2009 foi elixido para interpretar a Caius no filme The Twilight Saga: New Moon. Tamén foi confirmado para interpretar a Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Filmografía Ano Filme Papel Notas 2007 The Dinner Party Douglas Filme de TV 2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Anthony 2008 RocknRolla Rocker 2008 Winter in Wartime Jack 2009 New Moon (filme de 2009) Caius Volturi 2009 The Prisoner 11–12 mini serie de TV (6 episodios) 2010 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 Mozo Gellert Grindelwald 2010 London Boulevard Rapaz 2011 Camelot Rei Artur serie de TV (10 episodios) 2011 Anonymous Rapaz de Oxford 2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 Caius 2012 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 Caius 2013The Mortal Instruments: City of Bones Jace Wayland
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Londres Categoría:Modelos masculinos de Inglaterra