A que non sabes quen vén cear esta noite?Xornal de Galicia (en ) é un filme estadounidense dirixido por Stanley Kramer que se estreou no 1967. Está protagonizado por Spencer Tracy, Katharine Hepburn, Sidney Poitier, Katharine Houghton e Cecil Kellaway nos papeis principais. É un filme satírico cara á sociedade estadounidense, cuxo tema central ten as súas bases na discriminación imperante na época da súa realización. Estreouse en galego na TVG o 15 de maio de 1992.La Voz de Galicia, 15 de maio de 1992. Páx. 79, co título ¿A que non sabes quen vén esta noite?

Sinopse O filme inicia cando Joanna Drayton, (Katharine Houghton), filla de Christina (Katharine Hepburn) e Matt Drayton (Spencer Tracy), un matrimonio acomodado, chega a casa acompañada por un médico afroamericano chamado John Prentice (Sidney Poitier), presentándollelo ós seus pais e anunciándolles que van casar. Aínda que son liberais e non teñen prexuízos raciais, o pai cre que un matrimonio como este fracasará inexorablemente debido á presión social.

Personaxes Spencer Tracy como Matt Drayton Sidney Poitier como Dr. John Prentice Katharine Hepburn como Christina Drayton Katharine Houghton como Joanna "Joey" Drayton Cecil Kellaway como Monseñor Ryan Beah Richards como Mrs. Prentice Roy E. Glenn como Mr. Prentice Virginia Christine como Hilary St.George Alexandra Hay como Carhop Isabel Sanford como Matilda 'Tillie' Binks Barbara Randolph como Dorothy D'Urville Martin como Frankie Tom Heaton como Peter Grace Gaynor como Judith Skip Martin como Delivery Boy John Hudkins como Condutor de Taxi Jacqueline Fontaine como Cantante (non acreditada)

Galardóns e nomeamentos 1967: 2 Oscars: Mellor actriz (Katharine Hepburn), guión orixinal. 10 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stanley Kramer Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1967 con versión en galego