Pierre-François Guyot Desfontaines, máis coñecido como Pierre Desfontaines, nado en Ruán o 29 de xuño de 1685 e finado en París o 16 de decembro de 1745, foi un xornalista, crítico, tradutor e divulgador de Historia francés.
Foi coñecido sobre todo polas súas disputas con Voltaire. Pode considerarse como o fundador da crítica literaria e o xornalismo moderno en Francia, sobre todo na medida en que pretendía realizar unha crítica estética e moral das obras, no canto de limitarse a resumir ou a reproducir longos extractos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Nota sobre o abate Desfontaines
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en Ruán Categoría:Nados en 1685 Categoría:Nados en 1745