Chámase zunido, acúfeno ou tinnitus (do latín médico tinnitus) a unha sensación auditiva cuxa fonte non procede dun estímulo externo ao organismo. É un síntoma asociado a varias formas de perda auditiva pero tamén a outras enfermidades, xeralmente asociado a traumatismos físicos.

Trátase dun fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou pitos no ouvido que non están orixinados en fonte externa ningunha.

Causas esquerda|miniatura|275x275px|Áreas do cerebro implicadas no tinnitus segundo estudos de neuroimaxe. As rexións en azul están asociadas á modulación do son, mentres que as verdes son comúns tanto á percepción auditiva como ao tinnitus. Este zunido suponse que se produce polo aumento da actividade das áreas cerebrais que interveñen na audición, e aparece asociado a trastornos do aparello auditivo. Non se limita a un tilintineo, pode percibirse en forma de pitos, zunido grave ou agudo, rouco, sibilancia, ruído branco, estrondo ou cantar de grilos, entre outros sons.

A forma máis habitual ten a súa orixe en lesións do oído interno, a cóclea, por exposición delongada a sons por riba do volume límite para a saúde humana, 85 decibelios. Outras causas poden ser as infeccións e as lesións, así como o uso dalgúns medicamentos.

Mecanismos cerebrais Os estudos de neuroimaxe indican que o tinnitus está asociado a cambios na actividade cerebral, especialmente en áreas relacionadas coa audición e a percepción sensorial. As rexións en azul están implicadas na modulación do son, mentres que as áreas en verde están relacionadas tanto coa percepción auditiva como coa emoción vinculada ao tinnitus.Rauschecker et al., 2010.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Shemesh Z, Attias J, Ornan M, Shapira N, Shahar A. : Vitamin B12 deficiency in patients with chronic-tinnitus and noise-induced hearing loss. Am J Otolaryngol. 1993 Mar-Apr;14(2):94-9. Shemesh Z., Pratt H, Reshef I, Bresloff I, Horowitz G, Polyakov A : Detailed analysis of auditory brainstem responses in patients with noise-induced tinnitus. Audiology. 1996 Sep-Oct;35(5):259-70.

Outros artigos

Xordeira Discapacidade

Ligazóns externas

Asociación Internacional de Concienciación sobre os Zunidos

Categoría:Síntomas