José 'Pepe' Mel Pérez, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1963, é un exfutbolista, actual adestrador de fútbol e escritor español. Xogaba de dianteiro. Actualmente adestra o UD Almería da Primeira División.

Publicou tres novelas: El mentiroso (2011), El camino al más allá (2013) e La prueba (2016), esta última dirixida ao público infantil.

Traxectoria Como futbolista Comezou a xogar ao fútbol co Real Madrid Club de Fútbol onde entrou con só 11 anos de idade, xogou cedido unha temporada na Real Sociedad Deportiva Alcalá onde ostentou un récord de 34 goles co conxunto vermello. Profesionalmente debutou en Primeira Divisón co Club Atlético Osasuna, despois pasou ao Club Deportivo Castellón, onde xogou dous anos en Segunda División, conseguindo ser o máximo goleador do equipo, na tempada 1988/89, na que o club logrou o ascenso a Primeira División; na tempada seguinte pasou ao Real Betis Balompié, onde permaneceu catro anos, xogou 112 partidos de liga e marcou cincuenta goles, logrando ser o máximo goleador da Segunda División co conxunto bético na tempada 1989/90. Posteriormente pasou polo Granada Club de Fútbol, Getafe Club de Fútbol, Écija Balompié e colgou as botas no Angers SCO francés en 1998.

Como adestrador Mel comezou a súa traxectoria como técnico levando as rendas do Club Deportivo Coslada en 1999.

Ao ano seguinte, chegou ao Club Polideportivo Mérida; mais, tras a desaparición da entidade, quedou libre e firmou polo Real Murcia Club de Fútbol. O conxunto terminou a tempada 2000-01 como 13º clasificado.

Na tempada 2001/02, fichou polo CD Tenerife, sustituíndo a Rafael Benítez, e debutou en Primeira División o 25 de agosto de 2001, no Estadio Heliodoro Rodríguez, fronte ao Deportivo Alavés. Non tivo éxito na súa traxectoria no conxunto e foi destituído en febreiro de 2002 tras perder contra o Rayo Vallecano de Madrid, despois de ter dirixido en 26 partidos ao equipo, que nese momento se encontraba como último clasificado de Primeira. Foi substituído por Javier Clemente, que non puido evitar o descenso do equipo a Segunda División esa tempada.

Durante a metade da tempada 2002-03, Pepe foi contratado polo Getafe Club de Fútbol, que militaba esa tempada en Segunda División e que naquel momento ocupaba postos de descenso, pero que baixo a súa dirección non pasou apuros para salvar a categoría.

Durante a seguinte tempada, o técnico madrileño adestrou ao Deportivo Alavés, que quedou ás portas do ascenso, logrando chegar até as semifinais da Copa do Rei, onde caeu fronte ao Real Zaragoza. Coa chegada de Dmitry Piterman, Mel non renova e vaise ao Polideportivo Ejido.

En 2004, fichou polo Polideportivo Ejido. O equipo celeste fixo un gran comezo de tempada e logrou unha cómoda permanencia na tempada 2004-05; pero tras 12 xornadas da seguinte campaña, Mel foi destituído polos malos resultados que levaron ao equipo andaluz ás últimas posicións.

Chegou á banca do Rayo Vallecano de Madrid, de Segunda División B, en 2006. Conseguiu levalo a Segunda A en 2006 e completou unha gran tempada 2008-09, sendo 5º clasificado na categoría de prata. Foi destituído en febreiro de 2010 tras os seus malos resultados.

Real Betis Balompié En verán de 2010, Pepe converteuse no novo técnico do Real Betis Balompié. Conseguiu o ascenso a Primeira División na tempada 2010/11, sendo o campión de Segunda e o máximo goleador, e caendo nos cuartos de final da Copa do Rei fronte ao FC Barcelona cun global de 6-3, con 5-0 no Camp Nou e un 3-1 no Benito Villamarín (2 deles nos primeiros 10 minutos do partido). Durante a súa estadía no equipo andaluz caracterizouse polo seu apoio ao equipo filial, contabilizándose o debut de até 16 xogadores do filial co primeiro.

Pepe Mel renovou co Betis por tres anos para afrontar a volta a Primeira do club, logrando a permanencia a falta de 3 xornadas para o remate da Liga 2011-12, malia facer unha tempada chea de altibaixos, debido a que conseguiu 4 vitorias consecutivas nas 4 primeiras xornadas de Liga e inmediatamente perder 9 dos 10 encontros seguintes, o que lle puxo ao bordo da destitución, que se puido ter materializado no encontro fronte ao Valencia CF no Benito Villamarín, onde o Betis remountou un 0-1 no tempo engadido con 2 goles de Rubén Castro. A pesar desta mala racha de resultados, a afección bética sempre apoiou ao seu adestrador. Durante a tempada 2011-2012, o Betis conseguiu varios logros como ser o primeiro equipo visitante que marca un gol no Camp Nou (4-2) e a vitoria no Ramón Sánchez Pizjuán con dous goles de Beñat de falta, logrando un resultado final de 1-2.

Na tempada 2012-13, o Betis deu un salto de calidade, pasando de loitar pola súa permanencia aspirar a facelo por entrar en competicións europeas. O conxunto terminou obtendo o acceso á UEFA Europa League grazas ao seu 7º posto final. Este éxito supúxolle unha nova renovación do seu contrato co club, e converteuno no adestrador que máis tempo levou nas bancas na devandita tempada (3). Foi destituído o 2 de decembro de 2013, co Betis como colista con 10 puntos tras 15 xornadas de Liga.

West Bromwich Albion O 9 de xaneiro de 2014, o West Bromwich Albion F.C. anunciou a súa contratación como novo técnico. Logrou salvar ao equipo inglés do descenso na última xornada, tras finalizar en décimo sétima posición. Ao día seguinte anunciouse a súa marcha da entidade por mutuo acordo.

Real Betis Balompié O 20 de decembro de 2014, o Real Betis confirmou o regreso de Pepe á entidade. Fíxose cargo do equipo andaluz na 19ª xornada, cando ocupaba a 3ª posición, e volveu a conseguir o ascenso a Primeira División, esta vez dous xornadas antes de rematar a Liga.

O 10 de xaneiro de 2016, o Consello de Administración do club decidiu rescindir do contrato de Mel, poñendo fin, deste modo, á súa segunda etapa como técnico do Real Betis Balompié. Naquel momento, o equipo encadenaba 8 partidos consecutivos sen gañar e ocupaba a 15ª posición ao termo da primeira volta da Liga.

Deportivo da Coruña

O 28 de febreiro de 2017 foi contratado para dirixir o Deportivo da Coruña até o final da tempada 2016–17, con opción a ampliación, en substitución de Gaizka Garitano. Debutou co equipo o 2 de marzo de 2017 na xornada 25 do campionato de liga cun resultado de empate (1-1) fronte ao Atlético de Madrid. Foi botado do seu cargo logo dunha derrota contra o Xirona o 23 de outubro do mesmo ano.

 Clubs

Como futbolista EquipoPaísAnosReal Sociedad Deportiva Alcalá1983-1984Castilla Club de Fútbol1983-1987Club Atlético Osasuna1987Club Deportivo Castellón1987-1989Real Betis Balompié1989-1993Granada Club de Fútbol1993-1995Benidorm1995-1996Getafe Club de Fútbol1996-1997Écija Balompié1997-1998Angers SCO1998

Como adestrador EquipoPaísAnosPPGPEPP%v.Unión Zona Norte de Madrid1998-1999Club Deportivo Coslada1999-20004427107Club Polideportivo Mérida20004310Real Murcia Club de Fútbol2000-200142131316Club Deportivo Tenerife2001-2002276615Getafe Club de Fútbol2002-200323887Deportivo Alavés2003-20045022199Club Polideportivo Ejido2004-200556151724Rayo Vallecano de Madrid2006-2010169765835Real Betis Balompié2010-2013156683256West Bromwich Albion201417368Real Betis Balompié2014-201646211213Deportivo da Coruña2017-15456

Palmarés

Como futbolista TítuloClubPaísAnoSegunda DivisiónCD Castellón1989

Distincións DistinciónClubPaísAnoMáximo goleador da Segunda DivisiónReal Betis1990

Como adestrador TítuloClubPaísAnoSegunda División BRayo Vallecano2008Segunda DivisiónReal Betis2011Segunda DivisiónReal Betis2015

 Publicacións

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do RSD Alcalá Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Benidorm CF Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Écija Balompié Categoría:Xogadores do Angers SCO Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Getafe CF Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do Polideportivo Ejido Categoría:Adestradores do Rayo Vallecano Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do West Bromwich Albion FC Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores da UD Las Palmas