A tempada 1999-2000 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 33 da máxima categoría do rugby en España.

O Valladolid RAC era o defensor do título logrado na anterior edición do torneo, pero a tempada rematou coa vitoria final no campionato para Real Canoe NC por cuarta vez na súa historia.

Esta foi a primeira edición da División de Honra de volta ao formato de 10 equipos, polo cal a tempada estivo composta por 18 xornadas. O único equipo acabado de ascender foi o Club Deportivo Arquitectura.

Equipos Equipo EstadioCidadeClub de Rugby El SalvadorPepe RojoValladolidReal Canoe NCValle de las CañasMadridOviedo Rugby ClubEl NarancoOviedoClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGetxo Rugby TaldeaFaduraGetxoClub Deportivo ArquitecturaCentral ComplutenseMadridUniv.Granada -GranadaValladolid Rugby Asociación ClubPepe RojoValladolidUnió Esportiva SantboianaBaldiri AleuSant Boi de LlobregatClub de Rugby Liceo FrancésRamón UrtubiMadrid

Clasificación

Tempada 1999-2000 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidos 1 Canoe 30 18 15 0 3 2 El Salvador 28 18 14 0 4 3 Santboiana 27 18 13 1 4 4 Liceo Francés 20 18 9 2 7 5 VRAC 20 18 10 0 8 6 Ciencias 20 18 10 0 8 7 Oviedo 11 18 4 3 11 8 Getxo 10 18 4 2 12 9 Univ.Granada 8 18 3 2 1310 Arquitectura 6 18 3 0 15A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.

<<<< 1998/99 — Tempadas — 2000/01 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

Real Canoe NC conseguiu o campionato nacional de liga, con 30 puntos en 18 xornadas. Foi o 4º título de liga para o club (o primeiro dende 1973). Os dous últimos clasificados, Club Deportivo Arquitectura e Univ.Granada, descenderon de categoría ó remate da tempada. O xogador da UE Santboiana, Oriol Ripol, liderou a táboa de ensaiadores da liga por segundo ano, con 15 ensaios; mentres que Eoin Costigan, do Real Canoe NC, liderou a táboa de anotadores con 254 puntos. O Univ.Sevilla e o MARU acadaron o ascenso para competir na tempada 2000-2001 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 1999-2000

Ligazóns externas Resultados finais da liga publicados pola Federación Española de Rugby en Ferugby.com

Categoría:Rugby en 2000 Categoría:División de Honra de Rugby