Mary Oyaya nada en Mombasa é unha actriz kenyana recoñecida polo seu papel como a Mestra Jedi Luminara Unduli en Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith.
Traxectoria É a maior de catro irmáns e é filla de diplomáticos. Graduouse na "Alliant International University" en Relacións Internacionais e foi galardoada con dous graos de mestría en Relacións Internacionais e o Desenvolvemento Social Internacional pola Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW) en Sidney (Australia), país no que reside actualmente.
A súa carreira comezou con anuncios de televisión, pasando despois á pequena e á gran pantalla con papeis en filmes como Lost Souls, Farscape, Canguro Jack, Matrix Reloaded e Matrix Revolutions.
O punto de inflexión na súa carreira chegoulle no 2002 cando foi elixida para desempeñar un papel Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith. Inicialmente tiña que interpretar a un dos senadores do "Senado Galáctico" en Coruscant, pero máis tarde decidiron que fixera de Luminara Unduli, a Mestra Jedi e Xeneral da República Galáctica.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2010 ITW narradora en voz Documental (Tradución ó galego:Imaxe do mundo) 2005 Star Wars Episode III: Revenge of the Sith Luminara Unduli 2003 Matrix Revolutions Soldado de Sión 2003 Matrix Reloaded Soldado de Sión 2002 Star Wars Episode II: Attack of the Clones Luminara Unduli 2001 Farscape Figurante 2001 Canguro Jack Figurante 1999 Lost Souls Figurante
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista Perfil na Wookieepedia
Categoría:Actores de cinema de Kenya Categoría:Actores de televisión de Kenya Categoría:Nados en Mombasa