Die Hard with a Vengeance é un filme estadounidense dirixido por John McTiernan que se estreou en 1995. Está protagonizado por Bruce Willis, que interpreta o Tenente da Policía de Nova York John McClane, por Samuel L. Jackson como o compañeiro de McClane Zeus Carver, e Jeremy Irons como Simon Peter Gruber. Foi estreado no 19 de maio de 1995, cinco anos despois de Die Hard 2, e foi seguido por Live Free or Die Hard e A Good Day to Die Hard no 2007 e 2013, respectivamente.

Sinopse Un home que se chama a si mesmo "Simon" sementa o pánico nas rúas de Nova York, facendo estourar unha serie de bombas e non deixará de facelo a menos que o axente John McClane acceda a xogar con el a un xogo chamado "Simon di". Coa axuda de Zeus, un electricista de Harlem, comeza unha trepidante carreira para resolver as adiviñas e descubrir as intencións do terrorista.

Personaxes Bruce Willis como Tenente John McClane Jeremy Irons como Simon Peter Gruber Samuel L. Jackson como Zeus Carver Graham Greene como Joe Lambert Colleen Camp como Connie Kowalski Larry Bryggman como Inspector Walter Cobb Anthony Peck como Ricky Walsh Nick Wyman como Mathias Targo Sam Phillips como Katya Kevin Chamberlin como Charles Weiss Richard E. Council como Otto Robert Sedgwick como Rolf Timothy Adams como Gunther Phil Theis como Erik

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John McTiernan Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en Carolina do Sur Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes rodados en Maryland Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América