Darius Songaila, nado o 14 de febreiro de 1978 en Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no BC Lietuvos Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga. É ademais membro da selección lituana de baloncesto.
NBA Songaila foi seleccionado na 50ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Boston Celtics, quen traspasaron os seus dereitos aos Sacramento Kings.
Xogou no CSKA Moscova na tempada 2002-03, onde gañou a Superliga de baloncesto de Rusia.
Songaila fichou polos Sacramento Kings en xuño de 2003. Fixo 6.1 puntos e 3.7 rebotes en 154 partidos (28 de titular) cos Kings en dúas tempadas.
Songaila asinou un acordo por un ano cos Chicago Bulls en setembro de 2005. Tivo a tempada máis exitosa da súa carreira cos Bulls, onde acadou 9.2 puntos e 4.0 rebotes en 62 partidos, 7 deles coma titular. Con todo, sufriu unha lesión no nocello en marzo de 2006 e perdeuse os últimos 20 partidos.
O 17 de xullo de 2006, Songaila fichou polos Washington Wizards. O acordo foi de 5 anos cun valor de 23 millóns de dólares. Perdeuse os primeiros 45 partidos tras a operación dunha hernia discal, e fixo 7.6 puntos e 3.6 rebotes en 37 partidos.
Finalmente, Songaila converteríase nunha gran opción no banco dos Wizards e un titular ocasional. Acadou 6.2 puntos e 3.4 rebotes na tempada 2007-08. Ao remate da tempada 2008-09, Songaila converteuse en titular debido ás lesións dos seus compañeiros Brendan Haywood e Andray Blatche. Xogou de inicio en 29 partidos, facendo 7.4 puntos e capturando 2.9 rebotes.
O 23 de xuño de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a Oleksiy Pecherov, Etan Thomas, e unha elección de primeira rolda do Draft, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.
O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Bobby Brown, a cambio de Antonio Daniels e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014.
O 23 de setembro de 2010, foi traspasado aos Philadelphia 76ers xunto ao ala-pivote rookie Craig Brackins a cambio de Willie Green e Jason Smith.
En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co Galatasaray da liga turca.Galatasaray lands big man Songaila
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Nados no condado de Marijampolė Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Lituania Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto