María Purificación Seixido Gómez, nada en Cariño o 19 de novembro de 1966, é unha escritora e política galega.

Traxectoria Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Técnico Superior en Realización Audiovisual pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Comezou a traballar como guionista no ano 2000 e continúa a súa actividade até hoxe.

Implicada na rede asociativa e na vida pública cariñesas, presentouse como cabeza de lista do BNG ás eleccións municipais de 2011, nas que gañou a alcaldía, cargo que desempeñou ata 2015. Tras ese período de actividade política, retomou o seu traballo no sector audiovisual.

Tamén foi membro da directiva da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) entre o 2008 e o 2013, e do Consello Territorial de SGAE en Galicia entre o 2013 e o 2020.

Filmografía Traballou como guionista para series da Televisión de Galicia: Rías Baixas (2000). Mareas Vivas (2002). A miña sogra e mais eu (2002). Terra de Miranda (2003-2005). As leis de Celavella (2004-2005). A vida por diante (2006). Libro de familia (2005-2008). Reliquias (2009). Padre Casares (2010-2014). Luci (2014).

Tamén foi guionista da curtametraxe A Escola das Areas (2002) e da película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde (2011).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cariño

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Cariño Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela