Anthony Jarrad Morrow, nado o 27 de setembro de 1985 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

NBA O 25 de xullo de 2008, Morrow asinou cos Golden State Warriors tras non ser elixido no Draft da NBA de 2008.Khalid Shakran, Anthony Morrow Inks a Deal with Golden State Warriors, Bleacher Report, 25 de xullo de 2008. No seu primeiro partido na NBA coma titular, anotou 37 puntos, con 15 de 20 en anotación, contra Los Angeles Clippers, a maior puntuación da historia dun xogador rookie non drafteado; capturou tamén 11 rebotes.ESPN.com Rookie Morrow explodes for 37 points, 11 boards in 1st NBA start, 15 de novembro de 2008. Morrow rematou a tempada 2008-09 coma o primeiro rookie e o primeiro xogador dos Warriors en liderar a liga en porcentaxe de triplas, cun 46,7%, 86 de 184 tiros.Janny Hu, A rookie whose 3-point stroke leads the league , SFGate , 12 de abril de 2009.Rotoworld: Anthony Morrow , 16 de abril de 2009.

Na liga de verán da NBA de 2009, Morrow anotou 47 puntos para os Warriors nun partido contra os New Orleans Hornets, conseguindo a marca de máis puntos anotados por un xogador nun partido da liga de verán.Golden State Warriors' Anthony Morrow nets summer-league best 47 points, Consultado o 17 de xullo de 2009

No 13º partido da tempada 2009-10, Morrow conseguiu unha nova marca na súa carreira, ao anotar 6 triplas na vitoria contra os Dallas Mavericks.

O 13 de xullo de 2010, Morrow foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft.Nets Acquire Guard Anthony Morrow

O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Morrow, Jordan Farmar, Jordan Williams, Johan Petro, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.

O 21 de febreiro de 2013, Morrow foi traspasado ós Dallas Mavericks a cambio de Dahntay Jones.

O 18 de xullo de 2013, Morrow asinou cos New Orleans Pelicans.PELICANS SIGN ANTHONY MORROW

O 16 de xullo de 2014, Morrow asinou cos Oklahoma City Thunder.Thunder Signs Anthony Morrow

O 23 de febreiro de 2017, Morrow foi traspasado xunto a Cameron Payne e Joffrey Lauvergne ós Chicago Bulls a cambio de Taj Gibson, Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en DraftExpress.com Perfil en Georgia Tech

Categoría:Nados en Charlotte, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls