O xardín das Delicias é unha pintura realizada en óleo sobre madeira do pintor neerlandés Hieronymus Bosch (alcumado como O Bosco, por ser orixinario da cidade de 's-Hertogenbosch) aínda que o seu nome real era Jeroen van Aken, pertencente ao período dos Primitivos flamengos. O traballo estrutúrase en forma de tríptico, que era un formato frecuentemente empregado polos pintores entre comezos do século XV até o XVII no norte de Europa. A miúdo a data de realización se establece entre 1494 e 1505,Antonio e Riello (2012), p.1 aínda que hai investigadores que a adiantan até 1480. Tampouco se coñece o seu comitente con certeza aínda que a opinión máis xeneralizada adxudica o encargo a Henrique de Nassau-Breda con motivo do seu casamento en 1503.
O tríptico está realizado en óleo sobre táboa cun tamaño de 220 x 389 cm en aberto e está composto dunha táboa central de 220 x 195 cm e dous paneis laterais de 220 x 97 cada un, que están pintados polos dous lados e que se poden pechar sobre a táboa central.
É unha obra cun profundo contido simbólico do que se teñen ofrecido moitas e variadas interpretacións e que queda fóra de calquera clasificación iconográfica tradicional. Como noutras obras do Bosco como O carro de feno ou a Mesa dos pecados capitais, obras tamén adquiridas por Filipe II, que era un grande admirador do pintor e que as gardou durante un tempo no Mosteiro do Escorial, obedecen a unha intención moralizante e satírica que sería comprensíbel para a xente da época. Foi unha obra que acadou un grande éxito na súa época como o amosa a aparición de copistas e imitadores.
O traballo pódese ler cronoloxicamente: os paneis exteriores amosan a creación do mundo; o panel da esquerda describiría a unión, dirixida por Deus que toma a forma de Cristo, de Adán e Eva no Paraíso: o panel central representaría unha humanidade pecaminosa antes do Dioivo; e o panel dereito, ofrecería a visión do Inferno onde os pecadores están a sufrir as dores da tortura.
Hoxe en día, é a obra máis famosa do Bosco, especialmente pola riqueza de interpretacións que a compoñen. Por esta razón, segue a ser moi enigmática e no pasado foi obxecto de diversas interpretacións esotéricas A tese tradicional de Wilhelm Fraenger de que esta pintura foi executada por unha seita como os Adamitas ou irmáns do Espírito Libre xa non é válida. A tese en vigor máis apoiada polos investigadores en historia da arte consiste na lectura da obra de acordo ao propósito dun "speculum nuptiarum"; é dicir, un "espello nupcial", empregado para instruír aos acabados de casar da importancia de respectar o sacramento do matrimonio. Porén, investigacións recentes considérano máis ben coma un "espello de príncipes": é dicir, un conxunto de imaxes que lembran aos membros da corte a necesidade de formar moralmente aos futuros gobernantes.
Considerada como unha das obras máis fascinantes, misteriosas e atractivas da historia da arte, o cadro forma parte dos fondos de exposición permanente do Museo do Prado de Madrid, onde foi depositada polo Patrimonio Nacional en 1939.
Contexto cultural O Bosco pinta o Xardín das delicias na mesma época na que os chamados “Primitivos flamengos” están a traballar. Este período desenvólvese entre a primeira metade do século XIV coas figuras de Robert Campin e Jan van Eyck, até a morte de Pieter Brueghel o vello no 1569. Representa unha corrente artística particular do Renacemento europeo diferente en temas e representacións da que se dé no Renacemento italiano. Na época na que se pinta a obra, a arte neerlandesa influíu de xeito importante nunha parte de Europa.Hooker (1990); p.161 ("Les artistes, soit flamands, soit instruits de ce style, se répandirent dans l'Europe entière"). Xunto co Bosco, os pintores máis representativos desta tendencia son Jan van Eyck, Pieter Brueghel o vello, Hans Memling, Gérard David, Rogier van der Weyden, Robert Campin, Dirk Bouts, Juste de Gent e Hugo van der Goes.
O autor traballa na parte meridional dos Países Baixos, no ducado de Brabante (que se corresponde cunha parte do Brabante setentrional actual), concretamente na súa cidade natal de S ' Hertogenbosch.Bolsing (2016); p. 11 ( À son époque, Bois-le-Duc était l'une des quatre plus grandes cités du duché de Brabant, lequel relevait du duché de Bourgogne) Esta era, daquela, un foco económico de certa entidade na que se mesturaban as ideas artísticas e os descubrimentos científicos e xeográficos máis recentes do momento.Bolsing (2016); p. 11 (À la fin du Moyen-Âge, Bois-le-Duc était une ville commerçante prospère, centre d'une région agricole étendue, entretenant de nombreuses relations commerciales aussi bien avec l'Europe du Nord qu'avec l'Italie).Merten (1988); p. 9 miniatura|Sint Janskathedraal (en galego: catedral de san Xoán) de Den Bosch. Por outra banda, os historiadores da arte, consideran que houbo outro elemento que serviu para estimular a produción artística da zona: a construción da Sint Janskathedraal (en galego: catedral de san Xoán) de estilo gótico. O remate dos traballos desta estímanse polo 1520, e un gran número de especialistas foron atraídos até ese momento polo que se debeu crear unha gran bagaxe artística.Merten (1988); p. 8 Igualmente, a cidade tamén se beneficiou da demanda creada por unha burguesía urbana moi rica, beneficiada pola prosperidade económica, que tentaba incrementa-lo seu prestixio social mediante a demanda de obras de arte.Hooker (1960); p. 160
Aínda que o Bosco non se moveu, apenas, da súa cidade natal, crea o Xardín das delicias arredor da corte dos Nassau, particularmente de Henrique III do cal semella estar moi próximo, polo menos no plano intelectual. É por iso, que a obra está impregnada dunha moral conforme á da corte onde, especialmente, a muller é considerada como subordinada ao home ou mesmo como fonte de tentacións e de pecado. Esta é unha cuestión a ser considerada na análise da obra.Fischer (2016); p. 162
Por outra banda, a época está sometida a unha intensa relixiosidade que está presente en tódolos aspectos da vida.Bolsing (2016); p.12 E a obra non escapa a esa idea: nin na iconografía nin na temática. Porén, na cidade de Den Bosch, maniféstase unha certa competencia económica entre as institucións relixiosas e a burguesía local, competencia que se pode apreciar en gran parte da obra do Bosco. Algúns autores indican que a obra formularía as preguntas que están presentes na sociedade sobre a xustiza da palabra da Igrexa, cunha certa anticipación sobre as dúbidas que agromarán na escena europea a través de Lutero e as súas 95 teses.Wundram (2006); p. 58
Finalmente, o período atópase entre o remate da Idade Media e o pleno apoxeo do Renacemento. Nas artes, correspóndese co “renacemento flamengo” do cal Hieronymus Bosch é considerado un dos primeiros representantes. Polos diferentes aspectos que a compoñen (códigos, técnicas e representacións) o tríptico do Xardín das delicias aparece a cabalo entre as dúas épocas.Pokorny (2010); p. 22 É unha obra medieval pola súa iconografía próxima á que está presente nas iluminacións medievais. Algúns historiadores da arte cren que a formación do Bosco podería incluír unha aprendizaxe da arte da miniatura, seguindo unha tradición medieval que desaparecerá coa chegada da imprenta. A fusión é tal que Erwin Pokorny describe o tríptico como “libro medieval pintado”. O aspecto medieval tamén queda reflectido en certos temas atopados, como a advertencia contra o “albergue feo” no panel dereito, que é un tema recorrente ao final deste período e que critica a asistencia aos albergues que serían lugares de beber, apostar e libertinaxe.Fischer (2016); p. 170
Mais o tríptico tamén participa do Renacemento: isto xorde en particular pola vontade de propor unha visión encriptada que só unha elite pode descifrar, que explica a multiplicidade de interpretacións que se deron sobre a obra. Do mesmo xeito, a ironía que se amosa reflicte a influencia da moral humanista espallada polo filósofo Erasmo de Rotterdam moi activo nesta época.
Historia da obra miniatura|Retrato de Henrique III, conde de Nassau-Breda (retrato de Jan Gossaert). Como o resto das obras do Bosco, carece dunha datación unánime entre os especialistas, sendo unha nas que máis enfrontadas están as posicións, pois mentres uns considérana xuvenil, outros afirman que é obra de madurez. Baldass e outros a sitúan na época xuvenil do Bosco (1485);Romano (2005) Cinotti sitúaa en torno ao ano 1503; outras fontes falan de cara a 1510; Tolnay e Larsen sitúana ao final da actividade do Bosco (1514-1515). Por outra banda, as análises dendrocronolóxicas do carballo das táboas dátana entre 1460 e 1466, dando así un terminus post quem para a realización da obra mais no catálogo da exposición sobre o artista celebrada en Rotterdam no ano 2001 sinálase a data entre 1480 e 1490 e a guía de visita editada polo Museo do Prado sinálanse as datas 1500-1505.
A partir de Gibson e até a actualidade (Hans Belting, 2002) tense aceptado como o máis probable que se realizou para Henrique de Nassau-Breda con motivo do seu matrimonio polo que foi datado en 1503, polo que os seus primeiros posuidores foron os membros da casa de Nassau, e en cuxo palacio de Bruxelas localizouse a obra no ano 1517 polo cóengo e primeiro biógrafo do Bosco, Antonio de Beatis, que o documentou no seu diario de viaxe cando ía no séquito do cardeal Luis de Aragón. A súa descrición non deixa lugar a dúbidas de que se atopa fronte ao famoso tríptico:
Foi herdado polo seu fillo René de Châlon e despois polo sobriño de Henrique, Guillerme de Orange, líder da rebelión holandesa contra a coroa dos Habsburgo, sendo confiscado polo duque de Alba en 1567, quen o levou a España en 1570. O duque deixou este e outros cadros a don Fernando, o seu fillo natural e prior da orde de San Xoán. Filipe II adquiriu o tríptico na almoeda dos bens de don Fernando e enviouno ao mosteiro do EscorialPijoan (2004), p. 136 o 8 de xullo de 1593 onde permaneceu até 1936 en que foi levado ao Museo do Prado para a súa restauración, pois xa Antonio Ponz indicou en 1777 que a táboa atopábase bastante maltratada, e tamén para protexelo da Guerra civil e xa non retornou ao mosteiro permanecendo dende entón coma parte da colección do museo, por orde de Franco.
Como sucede con case todas as pinturas antigas, o título co que se coñece é contemporáneo. O inventario da entrega no Escorial en 1593 descríbea como:Bassegoda (2002), p. 366
Frei José de Sigüenza, na súa historia sobre a fundación do Mosteiro do Escorial, ofreceu unha ampla descrición e interpretación de: Posteriormente cítase no inventario de 1700 como unha pintura «da creación do mundo». Vicente Poleró, que en 1857 publicou un Catálogo dos cadros do Real Mosteiro de San Lorenzo chamado do Escorial, chámao "Dos deleites carnais". De aí arrinca a súa actual denominación como "Xardín das delicias" ou "Das delicias terreais". Finalmente, a obra chegou en 1939 ao Museo do Prado, xunto con outras obras do autor flamengo. Hoxe en día, pode verse que na parte central se perdeu parte do material pictórico preto das xuntas dos paneis.Cinotti (1966), p. 99
En 2009, o Museo do Prado seleccionou a obra como unha das máis importantes da institución polo que está dispoñible en Google Earth cunha resolución de 14 megapíxeles.
Análise da obra miniatura|Comparación entre a estatura media dunha persoa (178 cm) co tríptico completamente aberto (220 x 386 cm). Dimensións O cadro presenta un formato de tríptico realizado en óleo sobre táboa. Ten 220 centímetros de alto e, cando está aberto, a súa largura total é de 386 centímetros. O seu panel é practicamente cadrado (220 cm × 195 cm);Fischer (2016); p. 367. e os paneis laterais son rectangulares e de idénticas dimensións (220 cm × 97 cm cada un). A obra presenta un marco de madeira pintado en negro e realzado por dous bordos dourados (un dentro e outro fóra) de 15 centímetros de largo.
Tríptico pechado miniatura|esquerda|