James Andrew McAvoy nado o 21 de abril de 1979 en Glasgow é un actor de cine, televisión e teatro escocés. Tornouse coñecido polas súas participacións en filmes como The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe, The Last King of Scotland, Atonement e Wanted, tendo tamén participado en series televisivas como Band of Brothers e Shameless, nesta última, onde coñeceu a súa muller Anne-Marie Duff.

Biografía James McAvoy naceu en Scotstoun, Glasgow. A súa nai, Elizabeth Johnstone, é enfermeira psiquiatra e o seu pai, tamén James McAvoy, obreiro. A súa irmá Joy forma parte da banda escocesa "Streetside". Os pais de James divorciáronse cando este tiña só sete anos, e foi entón cando se mudou para a casa dos seus avós maternos (Mary e James Johnstone), en Drumchapel. Asistiu á escola St. Thomas Aquinas, considerada unha escola católica, e durante seis anos ó Pace Youth Theatre. Graduouse no 2000 na "Royal Scottish Academy of Music and Drama".

Traxectoria miniatura|dereita|200px|McAvoy no 2007. A carreira cinematográfica de McAvoy comezou co filme de David Hayman The Near Room de 1995, e deseguido, en 1997, en Regeneration, de Pat Barkers. Aínda así, o actor gañou maior renome ó participar nas miniseries Band of Brothers e en Children of Dune (2003). No mesmo ano, participou en State of Play, de Paul Abbott, e no ano seguinte na serie de televisión Shameless, transmitida no Reino Unido no Channel 4, sendo nomeada esta última para o "British Comedy Award". En 2005, representou a personaxe Ben na obra "Breathing Corpses", no Royal Court Theatre, e no cinema interpretou o fauno no filme The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Tamén no 2005, participou no filme Wimbledon e na obra Macbeth.

No 2006, o actor tivo a oportunidade de actuar con Forest Whitaker no filme The Last King of Scotland, unha adaptación da novela homónima de Giles Foden, baseado na historia do poderoso ditador de Uganda Idi Amin, durante os anos 70. Este filme valeulle o nomeamento para un premio BAFTA ó mellor actor e o premio do European Film Awards ó mellor actor. McAvoy participou, no mesmo ano, en Starter for Ten.

No 2007, apareceu en dous filmes aclamados polos críticos, Becoming Jane e Atonement, sendo este último baseado na novela homónima de Ian McEwan. McAvoy foi nomeado ó Globo de Ouro pola súa participación neste filme. Máis tarde, o actor participou en Penelope xunto con Cristina Ricci e Reese Witherspoon no 2008.

No 2008, McAvoy acadou gran notoriedade ó protagonizar o filme Wanted ó lado de Angelina Jolie e Morgan Freeman.

Vida persoal miniatura|dereita|200px|McAvoy e Anne-Marie Duff nos premios BAFTA na Royal Opera House de Londres. Febreiro de 2007. Inicialmente McAvoy saíu coa actriz escocesa Emma Nielsen (nome artístico de Emma King). Eles comezaron a súa relación cando James tiña dezaseis anos, mais separáronse no 2003. Despois, el casou coa actriz Anne-Marie Duff, que coñeceu no elenco da serie Shameless. Eles actualmente viven en Stroud Green, en Londres. O 16 de xuño, Duff deu a luz o primoxénito da parella.

Unha das grandes paixóns de McAvoy é a ciencia ficción, que comezou a partir dos 11 anos de idade ao ler O Señor dos Aneis. Fóra da ciencia ficción o seu maior interese é o fútbol. Tamén é un gran seareiro do Celtic Football Club, afirmando que o papel dos seus soños sería interpretar o lendario Jimmy Johnstone. Por outra banda, non se considera católico practicante, mais si unha persoa espiritual.

Filmografía Ano Título Papel Notas 1995 The Near Room Kevin Savage 1997 An Angel Passes By Local boy Curtametraxe 1997 Regeneration Anthony Balfour 2001 Swimming Pool Mike 2003 Bright Young Things Conde de Balcairn 2003 Bollywood Queen Jay 2004 Wimbledon Carl Colt 2004 Strings Hal Tara (voz) 2004 Inside I'm Dancing Rory O'Shea 2005 The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe Mr. Tumnus 2006 The Last King of Scotland Dr. Nicholas Garrigan 2006 Starter for 10 Brian Jackson 2007 Becoming Jane Thomas Lefroy 2007 Penelope Johnny Martin/Max Campion 2007 Atonement Robbie Turner 2008 Wanted Wesley A. Gibson 2009 The Last Station Valentin Bulgakov 2011 Gnomeo & Juliet Gnomeo (voz) 2011 The Conspirator Frederick Aiken 2011 X-Men: First Class Profesor Charles Xavier 2011 Arthur Christmas Arthur (voz) 2013 Welcome to the Punch Max Lewinsky 2013 Trance Simon Newton 2014 The Disappearance of Eleanor Rigby Conor Ludlow 2013 Filth Bruce Robertson 2014 Muppets Most Wanted Delivery Man Cameo 2014 X-Men: Days of Future Past Profesor Charles Xavier Papel compartido con Patrick Stewart 2015 Victor Frankenstein Victor Frankenstein

Teatro A tempestade, Brunton Theatre – Ferdinand Romeu e Xulieta, The Courtyard Hereford (1999) – Romeo West Side Story, The Courtyard Hereford (1999) – Riff Beauty and the Beast, Adam Smith Theatre (1999–2000, pantomime) – Bobby Romeo and Juliet (2000) – Romeo The Reel of the Hanged Man, Traverse Theatre (2000) – Gerald Lovers, Royal Lyceum Theatre – Joe Out In The Open, Hampstead Theatre (2001) – Iggy Privates On Parade, Donmar Warehouse (2001–2002) – Pt Steven Flowers Breathing Corpses, Royal Court Theatre (2005) – Ben Three Days of Rain'', Apollo Theatre (2009) – Walker/Ned

Galardóns e Nomeamentos Globos de Ouro

Ano Categoría Filme Resultado2008Globo de Ouro ó mellor actor dramáticoAtonementNomeado

Premios Bafta

Ano Categoría Filme Resultado2007BAFTA ó mellor actorAtonementNomeado2006BAFTA ó mellor actor secundarioThe Last King of ScotlandNomeado2005Premio Orange á estrela emerxenteGañador

European Film Awards

Ano Categoría Filme Resultado2008Mellor actorAtonementNomeado2007Mellor actorThe Last King of ScotlandNomeado

Véxase tamén

Ligazóns externas James McAvoy visita Uganda McAvoy no Guardian.co.uk

Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Nados en 1979