David Gómez Martínez, nado no Rosal o 13 de febreiro de 1981, é un atleta galego, especializado en décatlon. Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Formou parte da sección de atletismo do Celta de Vigo. Estivo presente nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Beijing 2008, mais non puido particiñar nos de Londres 2012 por unha rotura do tendón de Aquiles que o obrigou a retirarse como atleta.
Seguiu vinculado ao atletismo como adestrador de tecnificación de probas combinadas no Celta Atletismo. Posteriormente, foi formando progresivamente un grupo orientado á preparación das probas físicas das distintas oposicións existentes. Máis tarde desvinculouse do Celta Atletismo debido ás súas continuas reivindicacións ante o Concello para reclamar unhas instalacións deportivas acordes coas necesidades e coa importancia da cidade.
Continúa vinculado ao deporte e á formación de atletas, coa intención de seguir contribuíndo ao desenvolvemento de novos deportistas.
Vida persoal
É pai de dúas fillas. Notas
Véxase tamén Outros artigos Récords de Galicia de atletismo Ligazóns externas Páxina web oficial de David Gómez Ficha na páxina web Celta Atletismo. Ficha na web da RFEA.
Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1981 Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008