Patrick Davell Patterson, nado o 14 de marzo de 1989 en Washington, D.C., é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA). Antes, xogou na universidade para os Kentucky Wildcats.
Traxectoria O 24 de xuño de 2010, Patterson foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2010]] polos Houston Rockets. O 10 de novembro de 2010, Patterson foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League. Fixo o seu debut na NBA nun partido de regular o 15 de decembro de 2010, contra os Oklahoma City Thunder.
Con Luis Scola mancado, Patterson xogou o seu primeiro partido coma titular na NBA cos Rockets o 14 de marzo de 2011, anotando 2 puntos e capturando 5 rebotes. Despois de que os Rockets usaran a cláusula de amnistía sobre Scola, Patterson converteuse no ala-pivote titular dos Rockets na tempada 2012-13.
O 20 de febreiro de 2013, Patterson foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Toney Douglas e Cole Aldrich a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.
O 9 de decembro de 2013, Patterson foi traspasado xunto a John Salmons, Greivis Vasquez e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2010-11 Houston 52 16.7 .558 .000 .714 3.8 0.8 0.3 0.7 6.3 2011-12 Houston 64 23.2 .440 .000 .702 4.5 0.8 0.4 0.6 7.7 2012-13 Houston 47 25.9 .519 .365 .755 4.7 1.1 0.4 0.6 11.6 2012-13 Sacramento 24 23.2 .494 .444 .786 4.8 1.3 0.5 0.5 8.0 2013-14 Sacramento 17 24.4 .410 .231 .563 5.8 0.9 0.8 0.2 6.9 Total 204 22.3 .488 .341 .713 4.5 0.9 0.4 0.6 8.2
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers