miniatura|250px|Foto de cintas ou correolas no seu medio natural, nunha ría galega miniatura|250px|Vídeo de cintas ou correolas no seu medio natural, nunha ría galega miniatura|250px|Botóns de fixación desde os que medran os talos miniatura|250px|Cintas formando argazos nunha praia atlántica A cinta (Himanthalia elongata) é unha alga parda comestible orixinaria do océano Atlántico, tamén coñecida como correa ou correola e comercializada para o seu consumo como alimento humano, co nome de espaguetes de mar.

Características

Ten formas estreitas e alongadas, e cor entre castaña e verde oliveira. Medra a partir dun botón cóncavo fixo nas rochas, do que sae o talo en forma de cinta de até 3 m de lonxitude que se divide dicotomicamente.

Ás veces aparece recuberta por unha especie de veludo denso, de cor parda escura, debido á alga Herponema velutinum.

É frecuente velas desprendidas e botadas polas ondas nas praias, formando argazos.

Uso alimentario É moi versátil como alimento, pola súa riqueza nutritiva, a súa textura carnosa e sabor suave ao padal.

En Escocia e Irlanda é usada xunto con outras para facer pan de algas.

É agradable e fácil de usar na cociña como ingrediente en arroces, pastas e até é usada en aperitivos fritidos que lembran polo seu sabor as lulas e os chocos

Propiedades nutritivas A cinta destaca especialmente pola súa riqueza en ferro, máis que o lévedo de cervexa e até nove veces máis que as lentellas. E proporciona ao mesmo tempo a vitamina C necesaria para a súa asimilación.

Tamén achega unha boa cantidade do resto de minerais, destacando o potasio e o fósforo.

Valores nutricionais típicos da cinta (cantidades cada 100 g) Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud

Calcio 490 mg Fósforo 240 mg Magnesio 435 mg Potasio 8.250 mg Sodio 4.100 mg Ferro 59 mg Proteínas 8,4 g Graxas 1,1 g Vitamina A 0,07 mg Vitamina B1 0,02 mg Vitamina B2 0,02 mg Vitamina C 28,5 mg

Destaca o seu baixo contido en graxas, sendo ademais principalmente insaturadas, con ácidos graxos esenciais como o omega 3 e omega 6 que axudan á diminución do nivel de colesterol.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Algas Algas pardas Algas comestibles

Bibliografía Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud. Redondela: Algamar. ISBN 84-607-4503-1. Bárbara, I.; Cremades, J. (1993). Guía de las algas del litoral gallego. A Coruña: Concello da Coruña - Casa das Ciencias.

Ligazóns externas Algas na alimentación humana un relatorio da FAO

Categoría:Algas Categoría:Fucales Categoría:Algas comestibles