Kevin McKidd, nado en Elgin (Moray) o 9 de agosto de 1973, é un director e actor de cine e televisión escocés. É coñecido polos seus papeis en televisión, incluíndo os roles de "Lucius Vorenus" en Rome, "Poseidón" en Percy Jackson & the Olympians: The Lightning Thief e o "Doutor Owen" en Grey's Anatomy.
Tamén apareceu en filmes como Trainspotting, Bedrooms and Hallways, Kingdom of Heaven, The Last Legion, Hannibal Rising, The Acid House, Made of Honor e tivo un papel protagonista no filme de terror Dog Soldiers.
Formación McKidd naceu e foi criado en Elgin, no norte de Escocia. O seu pai era un fontaneiro e a súa nai, unha secretaria. Asistiu á Escola Primaria Seafield e á Academia Elgin, e era membro do grupo local St Giles Group Theatre. Tentou estudar enxeñaría e foi á Universidade de Edimburgo, pero desistiu e matriculouse na Queen Margaret University en Edimburgo para estudar drama. Tamén se uniu á compañía de teatro estudantil da Universidade de Edimburgo, Bedlam Theatre.
McKidd está casado con Jane Parker e teñen dous fillos, Joseph e Iona. A familia reside nos Ánxeles durante a rodaxe de Grey's Anatomy.
Filmografía miniatura|dereita|Kevin McKidd (dereita), o 29 de agosto de 2010 Small Faces (1996) .... Malky Johnson Trainspotting (1996) .... Tommy Behind the Lines (1997) .... Callan Richard II (1997) .... Henry Percy Hideous Kinky (1998) .... Henning Bedrooms and Hallways (1998) .... Leo The Acid House (1998) .... Johnny Dad Savage (1998) .... H Looking After Jo Jo (1998) .... Basil Topsy-Turvy (1999) .... Durward Lely (Nanki-Poo) Nicholas Nickleby (2002) .... John Browdie Max (2002) .... George Grosz Dog Soldiers (2002) .... Pte Cooper That Old One (2002) .... Tom Furness The Key (2003) .... Duncan AfterLife (2003) .... Kenny Brogan 16 Years of Alcohol (2003) .... Frankie Does God Play Football (2003) .... Father Davis De-Lovely (2004) .... Bobby Reed The Purifiers(2004) .... Moses One Last Chance (2004) .... Seany Kingdom of Heaven (2005) .... Sarxento Inglés The Rocket Post (2006) .... Thomas McKinnon The Last Legion (2007) .... Wulfila Hannibal Rising (2007) .... Kolnas Made of Honor (2008) .... Colin McMurray One Night in Emergency (2010) .... Peter Forbes Percy Jackson & the Olympians: The Lightning Thief (2010) .... Poseidón Bunraku (2010) .... Asasino nº2 Brave (2012) .... Lord MacGuffin
Televisión Father Ted (1996) .... Pai Deegan The Magical Legend of the Leprechauns (1999) .... Jericho O'Grady Anna Karenina (2000) .... Count Vronsky North Square (2000) .... Billy Guthrie Gunpowder, Treason & Plot (2004) .... Bothwell The Virgin Queen (2005) .... Duque de Norfolk Rome (2005–2007) .... Lucius Vorenus Journeyman (2007) .... Dan Vasser Grey's Anatomy (2008–presente) .... Owen Hunt
Como director Grey's Anatomy (2011) .... Don't Deceive Me (Please Don't Go) Grey's Anatomy Grey's Anatomy: Message of Hope (Webisodes)
Dobraxe Grand Theft Auto: Vice City (2002) .... Jezz Torrent Call of Duty: Modern Warfare 2 (2009) .... Cpt. John "Soap" MacTavish Call of Duty: Modern Warfare 3 (2011) .... Cpt. John "Soap" MacTavish
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Actores de voz de Escocia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Edimburgo