O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire) é o río máis grande da África central. Cos seus 4 380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4 000 illas.
O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Congo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire. miniatura|O Congo en Maluku, preto de Kinshasha As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como nos lagos Tanganica e Mweru.
A foz do Congo visitouna por primeira vez o nevegante e explorador portugués Diogo Cão en 1482,Markham, Sir Clements Robert, ed. (1875): Discovery of the Course of the Congo. The Geographical magazine, Volume 2. London: Trübner & Co. remontando o seu curso até ás fervenzas de Ielala, preto da actual cidade de Matadi. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
No ano 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.
Denominación Antes da colonización portuguesa da zona, os nativos denominaban ao río, Nzere ou Nzadi, que na lingua da etnia bakongo, significaba «o río que traga os demais ríos». O explorador portugués Diogo Cão, que foi o primeiro europeo que percorreu a súa desembocadura, chamouno río Zaire, por deformación do nome dado polos indíxenas. Esta denominación persistiu ata o século XVIII, en que comezou a ser nomeado como río Congo, pola etnia Congo ou bankongo, que dominaba case toda a cunca do río.
Entre 1971 e 1997, o goberno de Zaire, nome que tiña a República Democrática do Congo durante a ditadura de Mobutu Sese Seko, quixo cambiar a denominación do río Congo a río Zaire, pero ese cambio foi ignorado por moitos países, entre os cales cabe destacar a veciña República do Congo.
Historia natural miniatura|O comezo das cataratas Livingstone preto de Kinshasa miniatura|Mercado nas beiras do río en Kisangani
O curso actual do río Congo formouse hai entre 1,5 e 2 millóns de anos, durante o Plistoceno."It is hypothesized that in the late Pliocene or early Pleistocene, a coastal Lower Guinean river captured Malebo Pool, connecting the previously interior Congo Basin to the ocean." Thieme et al., Freshwater Ecoregions of Africa and Madagascar: A Conservation Assessment Ecoregions Assessments, Island Press, 2005, p. 297.
A formación do Congo puido levar á especiación alopátrica do bonobo e do chimpancé común a partir do seu devanceiro común máis recente. O bonobo é endémico dos bosques húmidos da rexión, do mesmo xeito que outras especies emblemáticas como o Allenopithecus nigroviridis, Cercopithecus dryas, Genetta piscivora, ocapi e Afropavo congensis.
En termos de vida acuática, a conca do río Congo ten unha moi alta riqueza de especies e nela obsérvanse uns dos máximos niveis coñecidos de concentración de especies endémicas. Ata agora, rexistráronse preto de 700 especies de peixes na conca do Congo, e grandes seccións permanecen virtualmente sen estudar.Freshwater Ecoregions of the World (2008). Sudanic Congo – Oubangi. Accessed 2 May 2011. Debido a isto e ás grandes diferenzas ecolóxicas entre as rexións da conca, a miúdo divídese en varias ecorrexións ecolóxicas (no canto de tratala como unha única ecorrexión). Entre estas ecorrexións, só a dos rápidos do baixo Congo ten máis de 300 especies de peixes, incluíndo aproximadamente 80 especies endémicas, mentres que a parte suroeste (Conca do Kasai) por si soa ten máis de 200 especies de peixes, dos cales ao redor dun cuarto son endémicas.Freshwater Ecoregions of the World (2008). Kasai. Accessed 2 May 2011. As familias de peixes dominantes -polo menos nalgunhas partes do río- son Cyprinidae (carpa/ciprínidos, como Labeo simpsoni, Mormyridae (peixes elefantes), Alestidae (tetras africanos), Mochokidae (bagres squeaker) e Cichlidae (cíclidos).Freshwater Ecoregions of the World (2008). Upper Lualaba. Accessed 2 May 2011. Entre os nativos no río está o enorme e altamente carnívoro, peixe tigre xigante. Dous dos cíclidos endémicos máis raros son os esbrancuxados (non pigmentados) e cegos Lamprologus lethops, que se cre que vive a unha profundidade de 160 m por baixo da superficie, e o Heterochromis multidens, que parece estar máis estreitamente relacionado cos cíclidos das Américas que con outros cíclidos de África.Kullander, S.O. (1998). A phylogeny and classification of the South American Cichlidae (Teleostei: Perciformes). pp. 461–498 in Malabarba, L., et al. (eds.), Phylogeny and Classification of Neotropical Fishes, Porto Alegre. Tamén hai numerosas ras endémicas e caracois.Freshwater Ecoregions of the World (2008). Lower Congo Rapids. Accessed 2 May 2011. Está prevista a construción de varias represas hidroeléctricas no río que poden conducir á extinción de moitos dos endemismos.
Exploración do río
miniatura|Mapa do século do estuario do río Congo miniatura|Neste mapa de África de 1853, a rexión inexplorada (Unexplored Region) restante corresponde esencialmente á conca do Congo
Toda a conca do Congo está poboada por pobos bantús, divididos en varios centos de grupos étnicos ou tribais (ver grupos étnicos da República Democrática do Congo (en inglés)). A expansión bantú estímase que chegaría ata o Congo Medio ao redor do 500 a. C., e ao Congo Alto ao comezo da era común. Restos da poboación aborixe desprazada pola migración bantú, pigmeos/abatwa do phylum ubangiano, permanecen nas zonas forestais remotas da conca do Congo.
O reino do Congo formouse ao redor do 1400 na beira esquerda do río Congo Baixo. O seu control territorial ao longo do río mantívose limitado ao que hoxe corresponde coa provincia Congo Baixo. A exploración europea do Congo comezou en 1482, cando o explorador portugués Diogo Cão descubriu o estuario do río (probablemente en agosto), que sinalou cun padrão ou alicerce de pedra (que aínda existe, pero só en fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba establecendo contacto co reino de Congo e chegando ás cataratas de Yellala, o límite navegable, onde erixiu outro padrão. Cão morreu no río perseguindo a un crocodilo. O curso do río permaneceu descoñecido durante todo o período moderno temperán.The Dieppe maps of the mid 16th century show the Congo only as a minor river, while having the Nile run throughout the continent, rising in Southern Africa. The same interpretation is in essence still found in Jan Blaeu's Atlas Maior of 1660. Jacques Bellin's map of the Congo in Histoire Generale Des Voyages by Antoine François Prévost (1754) shows awareness of the river reaching further inland, to the inclusion of the provinces of Sundi and Pango, but has no detailed knowledge of its course.
miniatura|Henry M Stanley cos oficiais da Columna Advance, no Cairo, 1890. De esquerda a dereita: Dr. Thomas Heazle Parke, Robert H. Nelson, Henry M. Stanley, William G. Stairs e Arthur J. M. Jephson. A conca alta do Congo corre ao oeste desde o Rift Albertino aínda que a súa conexión co Congo permaneceu descoñecida ata 1877. O extremo nordés da conca do Congo alcanzouse pola expansión nilótica nalgún momento entre os séculos e , polos antepasados dos falantes de Luo meridional do pobo Alur. Francisco de Lacerda seguindo o río Zambeze logrou chegar en 1796 á parte máis alta da conca do Congo (ao reino de Cazembe na parte superior da conca do río Luapula).
A exploración europea continuou co intento británico de James Kingston Tuckey que en 1816, tratou de remontar o río Congo desde a súa desembocadura, logrando avanzar 480 km río dentro pero non chegou a superar as cataratas Livingstone que frearon o seu avance.
O río Congo superior, coñecido como río Lualaba, alcanzárono por primeira vez os escravistas árabes no século . A localidade de Nyangwe foi fundada como posto de avanzada dos traficantes de escravos cara a 1860.
No século ninguén podía imaxinar que o Lualaba, que avanza implacablemente en dirección norte e o Congo que corría cara á parte suroccidental ata desembocar no Atlántico, despois de atravesar a metade do continente, fosen o mesmo río. Pensábase que o primeiro podía formar parte da corrente principal do Nilo, esta tese era defendida entre outros polo explorador David Livingstone, que percorreu o Lualaba na súa expedición de 1866, mentres que o segundo foi confundido coa desembocadura do río Níxer polo explorador e naturalista Mungo Park que entre finais do século e principios do , percorreu o río Níxer.
Livingstone foi o primeiro europeo en chegar a Nyangwe en 1871. Livingstone propuxo demostrar que o Lualaba conectaba co Nilo, pero o 15 de xullo, foi testemuña do masacre duns 400 africanos por escravistas árabes en Nyangwe, unha experiencia que o deixou demasiado arrepiado e disuadiuno de continuar a súa misión de atopar as fontes do Nilo, polo que volveu de novo ao lago Tanganica.Livingstone, David (2012). Livingstone's 1871 Field Diary. A Multispectral Critical Edition. UCLA Digital Library: Los Angeles, CA. Disponible en: <http://livingstone.library.ucla.edu/1871diary/ >Véxase tamén Jeal, Tim (1973). Livingstone. New Haven, CT: Yale University Press. Pax. 331-335.
O curso medio do Congo permaneceu sen explorar, tanto desde o leste como polo oeste, ata a expedición de 1876-1877 de Henry Morton Stanley. No momento era unha das últimas preguntas abertas da exploración de África (ou de feito do mundo), a cuestión de se o río Lualaba alimentaba o Nilo (teoría de Livingstone), o CongoJeal, 2007 p. 188-219. ou mesmo o Níxer. Financiada en 1874, a primeira exploración trans-africana de Stanley comezou en Zanzíbar e chegou ao Lualaba o 17 de outubro de 1876. Por terra chegou a Nyangwe, o centro dunha zona sen lei na que había tribos caníbales e na que Tippu Tip desenvolvía o seu comercio de escravos. Stanley logrou contratar a unha forza de Tippu Tip, para protexelo nos seguintes 150 km ou polo menos, durante 90 días. A partida deixou Nyangwe por terra a través da densa selva Matimba. O 19 de novembro chegaron ao Lualaba de novo. Dado que ir polo bosque era demasiado pesado, Tippu Tip deu a volta coa súa partida o 28 de decembro, deixando a Stanley pola súa conta, con 143 persoas, entre elas 8 nenos e 16 mulleres. Tiñan 23 canoas. O seu primeiro encontro cunha tribo local foi cos caníbales wenya. En total Stanley informaría de 32 encontros hostís no río, algúns violentos, a pesar de que tentou sempre negociar unha travesía pacífica polas súas terras. Pero as tribos eran desconfiadas e cautelosas xa que a súa única experiencia con estranxeiros era cos traficantes de escravos, e non podían entender o motivo da exploración.
O 6 de xaneiro de 1877, despois de 640 quilómetros, chegaron ás cataratas Boyoma (chamadas cataratas Stanley durante algún tempo despois), que consta de sete cataratas nun tramo de 100 quilómetros que tiveron que pasar por terra. Levoulles ata o 7 de febreiro chegar ao final das cataratas. Aquí Stanley decatouse de que o río se chamaba Ikuta Yacongo,Jeal, 2007 p. 199; febreiro 7, 1877 o que demostraba que chegaran ao Congo, e que o Lualaba non alimentaba o Nilo.