miniatura|Calendario azteca. miniatura|O actual escudo de armas de México ilustra a lenda da aguia e a serpe. Os aztecas -chamados así na historiografía tradicional-, ou mexicas (do náhuatl: mexihkah),Frances Karttunen (1983): An Analytical Dictionary of Nahuatl, University of Texas Press, Austin, p. 145, ISBN 0-8061-2421-0. foron unha civilización mesoamericana que xurdiu no centro do actual México no período posclásico de 1300 a 1521. O aztecas incluían diferentes pobos indíxenas do centro de México, en particular aqueles grupos que falaban a lingua náhuatl e que dominaron gran parte de Mesoamérica entre os séculos XIV e XVI. A cultura azteca organizouse en cidades-estado (altepetl), algunhas das cales se uniron para formar alianzas, confederacións políticas ou imperios. O Imperio Azteca foi unha confederación de tres cidades estado estabelecida en 1427: Tenochtitlán, a capital dos mexicas ou tenochca, Tetzcoco e Tlacopan, que anteriormente formaban parte do imperio tepaneca, cuxo poder dominante era Azcapotzalco. Aínda que o termo aztecas a miúdo restrínxese aos mexicas de Tenochtitlán, tamén se usa amplamente para referirse aos grupos políticos ou pobos nahuas do México central na era prehispánica,e.g. así como na era colonial española (1521–1821). As definicións do termo azteca foron durante moito tempo tema de debate académico dende que o científico alemán Alexander von Humboldt estabeleceu o seu uso común a comezos do século XIX.

A maioría dos grupos étnicos do centro de México no período posclásico compartían trazos culturais esenciais de Mesoamérica. Non se pode dicir que moitas das características que caracterizan a cultura azteca sexan exclusivas dos aztecas. Pola mesma razón, a noción de "civilización azteca" enténdese mellor como un horizonte particular dunha civilización mesoamericana xeral. A cultura do centro de México inclúe o cultivo do millo, a división social entre a nobreza (pipiltin) e os plebeos (macehualtin), un panteón (con Tezcatlipoca, Tláloc e Quetzalcóatl) e o calendario azteca dun xiuhpohualli de 365 días intercalados cun tonalpohualli de 260 días. Particular dos mexicas de Tenochtitlán era o deus patrón Huitzilopochtli, as pirámides xemelgas e os estilos cerámicos coñecidos como aztecas I a IV.

Definicións As palabras náhuatl (aztecatl [asˈtekat͡ɬ], singular) e (aztecah [asˈtekaʔ], plural) significan "pobo de Aztlan", un lugar mítico considerado a orixe de varios grupos étnicos no centro de México. O vocábulo non foi usado como endónimo polos propios aztecas, mais si se atopa nas diferentes informes sobre migracións dos mexica, onde se describen as distintas tribos que deixaron xuntas Aztlan. Nun relato sobre a viaxe dende Aztlan, Huitzilopochtli, a deidade tutelar da tribo mexica, di aos seus seguidores na viaxe que "agora xa non se chama azteca, agora xa son mexitin [Mexica]".

No uso actual, o termo "azteca" refírese a miúdo exclusivamente ao pobo mexica de Tenochtitlan (hoxe Cidade de México), situada nunha illa do lago Texcoco, que se referían a si mesmos como Mēxihcah (pronunciación en náhuatl: [meːˈʃiʔkaʔ], a designación tribal que incluía o Tlatelolco), Tenochcah (pronuncia en náhuatl: [teˈnot͡ʃkaʔ], referíndose só aos mexica de Tenochtitlan, excluíndo Tlatelolco) ou Cōlhuah (pronuncia en náhuatl: [ˈkoːlwaʔ], referíndose á súa xenealoxía real que os unía a Culhuacan).

Ás veces o vocábulo tamén inclúe os habitantes das dúas principais cidades-estado aliadas de Tenochtitlan, os acolhuas de Texcoco e os tepanecos de Tlacopan, que xunto cos mexica formaron a Triple Alianza Azteca que controlaba o que se coñece a miúdo como o "Imperio Azteca". O uso do termo "azteca" para describir o imperio centrado en Tenochtitlan foi criticado por Robert H. Barlow que prefería a expresión "Culhua-Mexica", e por Pedro Carrasco que prefería a expresión "Imperio Tenochca". Carrasco escribe sobre o termo "azteca" que "non serve para comprender a complexidade étnica do antigo México e para identificar o elemento dominante na entidade política que estamos a estudar".

Noutros contextos, azteca pode referirse a todas as cidades estados e aos seus pobos, que compartían gran parte da súa historia étnica e trazos culturais cos mexica, os acolhuas e os tepanecos e que a miúdo tamén usaron a lingua náhuatl como lingua franca. Un exemplo é Law and Politics in Aztec Texcoco, de Jerome A. Offner. Neste sentido, é posible falar dunha "civilización azteca" que inclúe todos os patróns culturais particulares comúns á maioría dos pobos que habitaban o centro de México a finais do período posclásico. Tal uso tamén pode estender o vocábulo "azteca" a todos os grupos do centro de México que se incorporaron cultural ou politicamente á esfera de dominio do imperio azteca.

Cando se usa para describir grupos étnicos, o termo "azteca" refírese a varios pobos de fala náhuatl do centro de México no período posclásico da cronoloxía mesoamericana, especialmente os mexicas, o grupo étnico que tivo un papel principal no establecemento do imperio hexemónico con sede en Tenochtitlan. O termo esténdese a outros grupos étnicos asociados ao imperio azteca, como os acolhua, os tepanecos e outros que se incorporaron ao imperio. Charles Gibson enumera unha serie de grupos no centro de México que inclúe no seu estudo The Aztecs Under Spanish Rule (1964). Estes inclúen os culhuaque, os cuitlahuaque, os mixquica, os xochimilca, os chalca, os tepaneca, os acolhuaque e os mexica.

No uso máis antigo o vocábulo usábase normalmente sobre os grupos étnicos modernos que falaban náhuatl, xa que o náhuatl anteriormente se refería como a "lingua azteca". No uso recente, estes grupos étnicos son chamados pobos nahua. Lingüisticamente, o termo "azteca" aínda se emprega sobre a rama das linguas uto-aztecas (tamén ás veces chamadas linguas yuto-nahuan) que inclúen a lingua náhuatl e as súas parentes máis próximas pochutec e pipil.

Para os propios aztecas a palabra "azteca" non era un endónimo para ningún grupo étnico en particular. Pola contra, era un termo paraugas usado para referirse a varios grupos étnicos, non todos falantes do náhuatl, que reclamaban a herdanza do mítico lugar de orixe, Aztlan. Alexander von Humboldt orixinou o uso moderno de "azteca" en 1810, como un termo colectivo aplicado a todas as persoas vinculadas por comercio, costume, relixión e lingua ao estado mexica e á Triple Alianza. En 1843, coa publicación do traballo de William H. Prescott sobre a historia da conquista de México, o termo foi adoptado pola maior parte do mundo, incluídos eruditos mexicanos do século XIX que o vían como un xeito de distinguir os mexicanos contemporáneos dos mexicanos anteriores á conquista. Este uso foi obxecto de debate nos últimos anos, mais o termo "azteca" aínda é máis común.

Historia Orixes A orixe dos mexicas sitúase entre o grupo de falantes de náhuatl do norte do actual México e devanceiros dos asentados durante a chamada etapa chichimeca. tradicionalmente pensouse que houbo unha división raza entre Aridoamérica -con grupos cazadores e recolectores principalmente- e Mesoamérica, con pobos sedentarios e agricultores. Grazas ós estudos mais recentes sábese que non foi así e que a diversidade étnica permitiu a moitos grupos de orixe chichimeco posuír diferentes graos de estratificación e sedentarismo, segundo as variantes rexionais e as condicións ambientais onde se asentaron. Por iso ó ter un contacto maior con grupos mesoamericanos adoptan modos e usos civís que xa tiñan dalgunha forma no norte do actual México.

No século XII desintegrouse Tollan, provocando unha dispersión demográfica de grupos tolteca-chichimecas que avanzaron sobre Cholula, ocupándoa logo de derrotar ós grupos olmeca-xicalancas alí asentados coa axuda militar concertada polos xefes Icxicóuatl e Quetzalteueyac, líderes dos cholultecas, en Chicomoztoc. Alí obtiveron o apoio dos totomiauques, dos cuauhtinchantlacas, dos acolhúas chichimecas, dos texcaltecas, dos malpantecas, dos zacatacas e dos tzauctecas. Dita alianza militar derrotou ós olmeca-xicalancas asentados no altiplano central dos atepetl de Xochimilco, Ayapanco, Teciuhquemecan, Texalucan, Tilihuacan Cuiloc e Auzolco, provocando o asentamento e procesos maiores de interrelación étnica.

Grupos chichimecas inmigrantes do norte non deixarán de migrar cara ao Altiplano Central e os vales de Puebla e Tlaxcala, orixinando maiores conflitos e alianzas entre altépetl.

Chegada á Cunca de México Os mexicas foron a última gran migración chichimeca cara ao Altiplano Central, o cal ocorreu entre os séculos XII e Século XIV o mito mexica oficial enuncia a súa orixe mítica en Aztlán, unha illa orixinaria de onde partiron por designios divinos. A evidencia histórica mostra que a idea de Aztlan responde xunto a outros moitos simbolismos e difrasismos mexicas,a unha concepción mítica e arquetípica do illote México-Tenochtitlán, no que o mito fraguou xa co esplendor de dita urbe, amais de que as fontes documentais mencionan unha asimilación do mesoamericano dende as primeiras migracións.

Segundo os mexicas a saída da illa fíxose en sete grupos denominados calpultin, do que era o máis forte os huitznahuaque, que tiñan como deus tutelar a Huitzilopochtli, na compaña dos teomamaques ou sacerdotes que portaban os diversos tlaquimilollis ou vultos sagrados, que contiñaChapultepec polos altépetl de n despoxos dos devanceiros ou diversos obxectos moi sagrados para as aínda tribos. O Códice Boturini enuncia a ruta oficial feita polos mexicas, que incluíu sitios de Hidalgo e México dos que foron sucesivamente expulsdados. Naquel tempo había xa moitos altépetl que contaban con séculos de asentamento e cun grao superior de civilización e asimilación da tradición mesoamericá da que os mexicas tomarán todo o seu coñecemento. O altépetl de Texcoco dos acolhúas incluso na maior etapa de esplendor mexica seguiu conservando unha supremacía intelectual sobre México-Tenochtitlán (cunha amoxcalli ou casa dos libros esplendorosa) e unha postura moral sobre os mexica de tipo nobre e como posuidores dunha cultura mais antiga. ó chegares os mexicas á cunca de México atoparon un panorama político complexo e asentado, así como o sometemento por parte dos tepanecas de Aztcapotzalco a case tódolos altépetl. Logo de saír expulsados de Chapultepec polos altépetl de Aztcapotzalco, Xaltocan, Culhuacan e Xochmilco, aséntanse en Tizapan, dominio territorial de Culhuacan, o cal abandonan pola dureza das condicións e un enfrontamento cos culhuacas, dirixíndose cara a rexión de Texcoco antes de elixir un illote onde xa existían asentamentos previos segundo evidencias arqueolóxicas.

Segundo a historia aceptada oficialmente, nun illote o poñente do Lago Texcoco fundaron os mexicas México-Tenochtitlán no ano 2 Calli ou 1325 onde se cumpriu segundo o mito oficial, a prfecí dunha aguia engulindo unha serpe enriba dun nopal. Agora sábese que os mexicas se estableceron previamente en diversas poboacións, incluso fundaron algunhas cidades. A información cifrada nos documentos revela que xa habitaban o illote dende 1274 o asentamento final incluíu a aceptación de Aztcapotzalco como altéptl supremo, tributándolle periodicamente e unha condición xeral de obediencia. O illote estaba cuberto de carrizas, tulares e unha grande diversidade subacuática que lles permitirá a supervivencia e unha posición militar estratéxica, se ben os primeiros anos as súas condicións de vida serán precarias.

A chegada dos conquistadores españois en 1523, baixo o mando de Hernán Cortés, acabou co Imperio Azteca. Cuauhtémoc, o último monarca azteca, foi asasinado e a súa capital, Tenochtitlán, destruída polo lume.

Territorio miniatura|A conca de México no posclásico tardío.