O Aeroporto de Albacete é un aeroporto xestionado por Aena, situado no aeródromo de Albacete-Los Llanos xunto á Base Aérea de Los Llanos do Exército do Aire, ao sur da cidade de Albacete (España), a uns 4 quilómetros do centro.

Comezou a funcionar como aeroporto civil oficialmente o 1 de xullo de 2003 cando AENA converteu unha parte do aeródromo militar de Los Llanos nun aeroporto comercial. Nesa data chegou un voo da compañía Hola Airlines desde o aeroporto internacional de Palma. O aeroporto de Albacete e o de Cidade Real son os únicos de Castela-A Mancha.

A día de hoxe non hai servizos regulares dende o aeroporto de Albacete. Só existen varios voos chárter operados por aeroliñas como Privilege Style.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es

Albacete Categoría:Albacete