Alan Stanley Jones, nado o 2 de novembro de 1946 en Melbourne, Australia, foi o primeiro piloto en gañar un campionato de Fórmula 1 para o equipo Williams. Tivo unha sólida carreira na Fórmula 1 a fins dos anos setenta e principios dos oitenta.

Os seus inicios

Alan é fillo de Stan Jones, un coñecido corredor australiano e de mozo sempre quixo seguir os pasos do seu pai. En 1976, Alan partiu cara a Europa para coller fama como corredor, pero inicialmente non tivo moito éxito. Levoulle 6 anos lograr bos resultados nun coche de Fórmula 3. En 1974, logrou un contrato na Fórmula Atlántica, e o dono do seu equipo conseguiulle unha oportunidade na tempada seguinte de F1, xa que comprara un monpraza de carreiras pertencente ao equipo Hesketh.

Fórmula 1

Logo de catro carreiras na F1, o equipo decidiu abandonar a categoría, pero Alan continuou xa que foi contratado como piloto suplente de Rolf Stommelen do equipo de Graham Hill.

Alan logrou o posto de primeiro piloto en , no equipo de John Surtees. O monpraza de Jones foi coñecido principalmente polo controvertido patrocinio de Durex, pero el logrou obter bos resultados, como a cuarta posición no Gran Premio do Xapón. Surtress despediuno a fin de ano, por pelexas internas, e Jones foise a correr a Estados Unidos, pero pronto foi chamado polo equipo Shadow como substituto de Tom Pryce, que falecera nun accidente no Gran Premio de Suráfrica. Alan aproveitou esta oportunidade e logrou a súa primeira vitoria en Österreichring, terminando sétimo no campionato.

Jones foi fichado por Frank Williams, quen estaba en proceso de reconstruír o seu equipo da F1. Williams Grand Prix loitará ferozmente por lograr un éxito, e Jones estaba decidido a darlles a primeira vitoria. Inicialmente non logrou moito, só destacando o segundo lugar en Watkins Glen, pero en logrou pór ao seu equipo no mapa, gañando catro carreiras consecutivas, cerca do final do campionato. Jones terminou a tempada terceiro e proseguiu en cunha excelente campaña.

En obtivo 4 vitorias e tiña un vehículo capaz de chegar ao podio, alcanzándoo 10 veces ao longo do ano. Ao terminar a tempada, Jones leváballe a Nelson Piquet unha vantaxe de 13 puntos na táboa de posicións, e convertíase no primeiro campión australiano desde Jack Brabham. Tiña grandes oportunidades de repetir a fazaña ao ano seguinte, pero unha relación moi competitiva co piloto Carlos Reutemann levou a unha rivalidade moi intensa que probablemente lles custou a ambos os corredores o campionato dese ano. Jones terminou terceiro a 4 puntos de Piquet e a 3 de Reutemann.

Logo desa tempada, Jones anunciou a súa retiro, pechando a súa carreira cunha vitoria en Las Vegas, pero volveu do retiro para unha soa carreira co equipo Arrows en 1983. Dous anos máis tarde, foi creado o equipo Haas, e Jones foi contratado como primeiro piloto. Correu a tempada completa en (a súa primeira en 5 anos), pero ao non lograr unha campaña exitosa, deixou completamente a Fórmula 1

Logo da F1

Dedicouse a correr no Campionato Australiano de Autos de Turismo (ATCC) e tamén foi comentarista de televisión.

Desde entón, Jones estivo involucrado na versión Australiana da Fórmula A1, participando como director de Equipo. Quixo correr no Gran Premio de Mestres en Kylami en novembro de 2005, pero tivo que declinar por problemas de pescozo.

Resultados completos en Fórmula 1 (Carreiras en letra grosa indica pole position) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Posición Puntos Hesketh ARX DNP BRA DNP RSA DNP ESP Ret MON Ret BEL Ret SUE 11 17º 2 Hill HOL 13 FRA 16 GBR 10 ALE 5 AUT DNP ITA DNP USA DNP Surtees BRA DNP RSA DNP USW Ret ESP 9 BEL 5 MON Ret SUE 13 FRA Ret GBR 5 ALE 10 AUT Ret HOL 8 ITA 12 CAN 16 USA 8 JAP 4 15º 7 Shadow ARX DNP BRA DNP RSA Ret USW Ret ESP Ret MON 6 BEL 5 SUE 17 FRA Ret GBR 7 ALE Ret AUT 1 HOL Ret ITA 3 USA Ret CAN 4 JAP 4 7º 22 Williams ARX Ret BRA 11 RSA 4 USW 7 MON Ret BEL 10 ESP 8 SUE Ret FRA 5 GBR Ret ALE Ret AUT Ret HOL Ret ITA 13 USA 2 CAN 9 11º 11 Williams ARX 9 BRA Ret RSA Ret USW 3 ESP Ret BEL Ret MON Ret FRA 4 GBR Ret ALE 1 AUT 1 HOL 1 ITA 9 CAN 1 USA Ret 3º 40 Williams ARX 1 BRA 3 RSA Ret USW Ret BEL 2 MON Ret FRA 1 GBR 1 ALE 3 AUT 2 HOL 11 ITA 2 CAN 1 USA 1 1º 67 Williams USW 1 BRA 2 ARX 4 SMR 12 BEL Ret MON 2 ESP 7 FRA 17 GBR Ret ALE 11 AUT 4 HOL 3 ITA 2 CAN Ret LVG 1 3º 46 Arrows BRA DNP USW Ret FRA DNP SMR DNP MON DNP BEL DNP USA DNP CAN DNP GBR DNP GER DNP AUT DNP HOL DNP ITA DNP EUR DNP RSA DNP 21º 0 Lola BRA DNP POR DNP SMR DNP MON DNP CAN DNP USA DNP FRA DNP GBR DNP ALE DNP AUT DNP HOL DNP ITA Ret BEL DNP EUR Ret RSA NTS AUS Ret 23º 0 Lola BRA Ret ESP Ret SMR Ret MON Ret BEL 11 CAN 10 USA Ret FRA Ret GBR Ret ALE 9 HUN Ret AUT 4 ITA 6 POR DNP MEX Ret AUS Ret 12º 4

Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Nados en 1946 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Australia Categoría:Nados en Melbourne