Midnight in Paris é unha comedia romántica hispano-americana, escrita e dirixida por Woody Allen e producida polo grupo Mediapro e Allen's Gravier Productions. Presentouse no Festival de Cannes de 2011.

Sinopse Midnight in Paris é unha comedia romántica ambientada en París que narra a historia dunha familia americana que viaxa á capital francesa por motivos de traballo, incluída unha parella de prometidos forzada a enfrontarse á ilusión de que unha vida diferente á súa puido ser mellor.

Gil e a súa prometida Inez están en París de vacacións coa súa familia, e por casualidade, atópanse cuns amigos. Gil é un exitoso pero insatisfeito guionista de Hollywood que agora traballa na súa primeira novela. Inez e os demais son moi escépticos coa idea. Unha noite, mentres paseaba só, Gil entra no coche duns agradables estraños. Gil decátase axiña de que foi transportado a 1920, unha época que admira e idolatra na súa novela. Mentres está alí, atópase e interactúa con coñecidos escritores e artistas da época que o axudan coa súa novela e coa súa vida. Ao final decátase de que a saudade dunha "época dourada" é un tema recorrente en calquera período de tempo, e que algúns prefiren ser nostálxicos dun pasado romántico no canto de aceptar o presente e o incerto futuro.

Personaxes Owen Wilson como Gil Pender Rachel McAdams como Inez Kurt Fuller como John, pai de Inez Mimi Kennedy como Wendy, nai de Inez Michael Sheen como Paul Bates Nina Arianda como Carol Bates Carla Bruni como guía do Museo Rodin Yves Heck como Cole Porter Alison Pill como Zelda Fitzgerald Corey Stoll como Ernest Hemingway Tom Hiddleston como F. Scott Fitzgerald Sonia Rolland como Josephine Baker Daniel Lundh como Juan Belmonte Kathy Bates como Gertrude Stein Marcial Di Fonzo Bo como Pablo Picasso Marion Cotillard como Adriana Léa Seydoux como Gabrielle Emmanuelle Uzan como Djuna Barnes Adrien Brody como Salvador Dalí Tom Cordier como Man Ray Adrien de Van como Luis Buñuel Gad Elmaleh como Detective Tisserant David Lowe como T.S. Eliot Yves-Antoine Spoto como Henri Matisse Laurent Claret como Leo Stein Vincent Menjou Cortes como Henri de Toulouse-Lautrec Olivier Rabourdin como Paul Gauguin François Rostain como Edgar Degas

Estrea A estrea mundial do filme foi o 11 de maio de 2011, como película de apertura do 64º Festival de Cannes. Sony Pictures Classic lanzou o filme nos Estados Unidos o 20 de maio de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en 2010 Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes producidos por Letty Aronson Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal