O Club Marino de Luanco é un club de fútbol español de Luanco (Asturias). Foi fundado en 1931 e actualmente xoga no Grupo 1 da Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.

Historia A historia do Club Marino, dá comezo na primavera do ano 1931, coa creación dun equipo de fútbol, por un grupo de mozos afeccionados luanquinos, con maioría de pescadores, que disputaban os seus encontros, fronte a outros equipos da localidade, na Praia da Ribera.

O día 6 de setembro de 1953, coa inauguración do novo campo de fútbol, Estadio Municipal de Miramar, dá pé ao comezo dunha nova fase do Club, é dicir, será a engalaxe do Club Marino a nivel rexional. Coa chegada de Luis Gallego á presidencia, o equipo consolídase como un dos equipos referencia de Asturias, sendo ata durante algunhas tempadas o segundo equipo da rexión por diante do Real Oviedo.

O Marino chegou por primeira vez a Segunda B na tempada 1996/97 no que baixou de novo. Despois na tempada 2000/01, o recentemente ascendido Marino cultivaría a súa mellor clasificación, o 5º posto.

Na tempada 2010/11 o Marino fixo unha magnifica tempada en Terceira División, deixándose tan só 11 puntos en toda a liga, dos cales só perdeu un en casa ante o Club Deportivo Llanes. Días despois, o 28 de maio de 2011 consigió por primeira vez un ascensdo en casa gañando 3-0 en Miramar ante o Costa Cálida CF.

Uniforme O uniforme non sufriu alteracións destacadas ao longo da historia nin tampouco o seu segundo equipamento.

Primeiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias azul mariño. Segundo uniforme: Camiseta vermella e pantalón branco ou vermello e medias vermellas.

A súa firma deportiva é a asturiana Joluvi, mentres que o seu patrocinador é Excavaciones Posada. Tamén foi patrocinado anos importantes polo Goberno do Principado de Asturias.

Estadio

O club disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal de Miramar, un campo con capacidade para 3.500 espectadores, 1.200 sentados. O terreo de xogo é de herba natural, coidada con moito esmero. Inaugurouse en 1953 e é propiedade do Concello de Gozón. Tras a visita do Deportivo da Coruña en Copa do Rei, reformouse o sistema luminoso contando con focos capacitados para retransmitir pola televisión.

En 2007 inaugurouse a nova instalación deportiva "Balbín", situada nos arredores do pobo; a escaso metros de Miramar, que funciona como campo de adestramento, á parte de ser compartido co Gozón Club de Fútbol e o Podes Club de Fútbol.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 12 (Incluída a 2014/15) Tempadas en 3ª: 25 Maior goleada conseguida: Marino 7 - Langreo 0 (1991-92) Mellor posto na liga: 5º (Segunda división B española tempada 01-02)

Historial por tempadas TempadaCategoríaPosto1931–56Rexional—1956/573ª7º1957/583ª12º1958/593ª14º1959/603ª13º1960/613ª15º1961/62Rexional—1962/633ª15º1963–65Regional—1965/661ª Rex.3º1966/671ª Rex.1º1967/683ª11º1968/691ª Rex.8º1969/701ª Rex.12º1970/711ª Reg.6º1971/721ª Reg.19º1972–75Rexional—1975/76Rex. Pref.16º1976/77Rex. Pref.17º1977/78Rex. Pref.13º TempadaCategoríaPostoCopa1978/79Rex. Pref.13º1979/80Rex. Pref.16º1980/81Rex. Pref.2º1981/82Rex. Pref.3º1982/83Rex. Pref.4º1983/84Rex. Pref.5º1984/85Rex. Pref.2º1985/863ª10º1986/873ª14º1987/883ª3º1988/893ª10º1989/903ª11º1990/913ª6º1991/923ª5º1ª Rolda1992/933ª10º1ª Rolda1993/943ª4º1994/953ª10º1995/963ª3º1996/972ªB20º1ª Rolda1997/983ª8º TempadaCategoríaPostoCopa1998/993ª1º1999/003ª3º2000/013ª1º2001/022ªB5º1/162002/032ªB17ºRolda previa2003/043ª4º2004/052ªB15º2005/062ªB11º2006/072ªB13º2007/082ªB15º2008/092ªB20º2009/103ª2º2010/113ª1º2011/122ªB13º2ª Rolda2012/132ªB11º2013/142ªB6º2014/152ªB

Palmarés Terceira División de España (3): 1998–99, 2000–01, 2010–11 Copa Federación Asturiana (5): 2000, 2004, 2006, 2009, 2013 Copa Federación (1): 2000–01

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do club Web do Marino de Luanco en Futbolme.com

Marino de Luanco Marino de Luanco