George Mayer Dahan, coñecido como Georgie Dann, nado en París (Francia) o 14 de xaneiro de 1940 e finado en Majadahonda (Comunidade de Madrid) o 3 de novembro de 2021, foi un cantante francés mais residente en España.
Traxectoria Georgie Dann naceu no seo dunha familia de músicos e artistas, tendo formación musical na súa infancia. Estudou 9 anos no conservatorio de París, converténdose nun experto clarinetista, ademais de tocar o saxofón e o acordeón. Tamén se sacou o título de mestre de escola.
Desenvolveu a súa traxectoria artística inicialmente en Francia, onde formou parte de grupos de pop. Chegou en 1965 a España para representar ao seu país no Festival do Mediterráneo coa canción 'Tout ce que a tu sais'. Estableceuse en España, especializándose na canción do verán, sendo o seu primeiro grande éxito "El casastchok". Fíxose moi popular, cultivando un grande éxito nas décadas de 1970 e 1980 con cancións de retrousos pegadizos e bailables e con letras ás veces picantes como "El Bimbó", "Macumba", "Carnaval, Carnaval", "El Africano", "El Chiringuito", "La Barbacoa", "El Koumbo", "La paloma Blanca", "Cuando suena el Acordeón", "Cóctel Tropical", "El Dinosaurio", "El Negro no Puede", "Mi Cafetal", "La Cerveza" etc.
Os primeiros videoclips musicais que se emitiron en RTVE corresponderon a temas de Georgie Dann.
Residente en Madrid, en 1974 contraeu matrimonio coa española Emy, con quen tivo tres fillos, nados en Madrid. Inicialmente, a súa esposa bailaba nos seus espectáculos. Dous dos seus fillos, Patricia e Paúl, forman o dúo Calle París. Foi socio da SGAE dende 2016. Finou no Hospital Puerta de Hierro, en Majadahonda (Madrid) o 3 de novembro de 2021, mentres se sometía a unha operación da coxa.
Discografía La contraprotesta (1967) Casatschok (1969) El dinosaurio (1972) El bimbó (1975) Campesino (1976) Mi cafetal (1977) A todo ritmo (1983) Arrasando (1984) El africano (1985) Macumba (1986) El negro no puede... (1987) El chiringuito (1988) Enrollate (1990) El veraneo (1993) Cachete, pechito y ombligo (1996) La duchita (1998) Vamos a la pista (2003) Dale, dale (2004) El rey del verano (2007) Los huevos (2010) La batidora (2012) La Cerveza (2013)
Cancións do verán de Georgie Dann 1964 "Si yo canto" 1965 "Se acabó" 1966 "Ay mama Mallorca" 1967 "El mundo es así" 1969 "Casatschok" 1970 "Santiago" 1972 "El Dinosaurio" 1974 "La rana" 1975 "El Bimbó" 1975 "Campesino" 1976 "Paloma blanca" (George Baker Selection) 1977 "Mi cafetal" 1977 "Eres como una paloma" 1980 "Moscou" 1980 "El jardín de Alá" 1982 "Koumbó" 1983 "Carnaval, Carnaval" 1985 "El africano" 1986 "Macumba" 1987 "El negro no puede..." 1988 "El chiringuito" 1994 "La Barbacoa" 2003 "Vamos a la Pista" 2004 "Dale-Dale" 2007 "Mecagüentó" 2010 "La gallina cha-cha-cha" 2011 "El veranito" 2012 "A viajar" 2013 "La Cerveza" 2017 "Que viva el vino"
Outras cancións de Georgie dann 1985 Tahiti 1985 Es Karneval 1985 Llevame Ala costa del Sol ??? La Orca ??? Simangue 1985 Levanta la Moral
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial
Categoría:Músicos de España Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2021