O Estadio Municipal Guillermo Amor é un estadio de fútbol, situado na cidade de Benidorm, na provincia de Alacant. O seu equipo titular é o Benidorm Club de Fútbol.

Inaugurado en 1968, o seu antigo nome era Estadio Municipal de Foietes, pero o seu nome foi cambiado en 2010 por Guillermo Amor, un dos deportistas máis famosos que naceu na cidade.

A instalación deportiva ten unha capacidade de 9.000 persoas e acolleu grandes concertos como: Bruce Springsteen, The Rolling Stones, Elton John, Andrés Calamaro ou Fito & Fitipaldis.

Véxase tamén Outros artigos Benidorm Club de Fútbol

Guillermo Amor Categoría:Deporte en Benidorm Categoría:Benidorm Club de Fútbol