Kyle Elliot Korver, nado o 17 de marzo de 1981 en Paramount (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Korver foi seleccionado para o NBA All-Star por vez primeira en 2015. Posúe o récord da NBA de máis partidos consecutivos anotando unha canatra tripla (con 127), e a maior porcentaxe de acerto en triplas nunha soa campaña da historia (co 53,6%).
Traxectoria Antes de ser o quinto máximo anotador da historia da Universidade de Creighton, Korver foi ao Pella High School en Iowa, onde máis tarde sería retirado o seu dorsal. Korver foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2003 polos New Jersey Nets, e os seus dereitos foron traspasados na noite do Draft aos Philadelphia 76ers a cambio dunha compensación económica.New Jersey Nets Transactions 2002–03
Competiu en 2004 e 2005 no concurso de triplas do All Star Weekend, quedando tercero e segundo nos concursos respectivamente. Na tempada 2004-05, Korver quedou empatado na primeira praza da liga en triplas con Quentin Richardson, ambos con 226, tamén récord na franquía dos 76ers. Korver conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira contra os Milwaukee Bucks o 24 de febreiro de 2006, con 31 puntos, algo que repetiría o 21 de febreiro de 2007 contra os New York Knicks. O 12 de xaneiro de 2006, anotou unha canastra no último segundo contra os Boston Celtics que mandou o partido á tripla prórroga, onde finalmente gañarían os 76ers. O 26 de decembro de 2007, Korver foi traspasado dos Philadelphia 76ers aos Utah Jazz a cambio de Gordan Giriček e unha futura elección de primeira rolda do Draft.
O 13 de xullo de 2010, Korver asinou polos Chicago Bulls coma axente libre. Foi considerado un xogador para anotar triplas cando o partido está chegando ao seu final.Korver's clutch shot cools Heat First-Rounder O 16 de xullo de 2012, Korver foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dun trade exception e diñeiro.HAWKS ACQUIRE KYLE KORVER FROM THE BULLS
O 25 de xullo de 2019, Korver asinou cos Milwaukee Bucks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados no condado dos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks