Taj Jami Gibson, nado o 24 de xuño de 1985 en Brooklyn (Nova York), é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Chicago Bulls Tempada 2009-10 Gibson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009,Sidney to Mississippi State? e foi seleccionado na 26ª posición polos Chicago Bulls. El, xunto á outra elección do draft James Johnson, asinaron cos Bulls en xullo de 2009.Bulls sign rookies Johnson, Gibson Gibson foi titular na posición de ala-pivote na maioría da súa tempada coma rookie cos Bulls, e impresionou a moita xente pola súa enerxía e boa defensa. Gibson xogou o Rookie Challenge do All Star Weekend de 2010, onde gañarou o equipo Rookie por primeira vez dende 2002. Os Bulls chegaron a playoffs coa 8º posición na Conferencia Leste. Gibson acadou 7.6 puntos e 7.0 rebotes mentres os Bulls caían na primeira rolda contra os Cleveland Cavaliers.http://www.nba.com/playerfile/taj_gibson/index.html Ao remate da súa primeira tempada, Taj foi seleccionado no primeiro equipo de rookies da NBA.

Tempada 2010-11 En verán, os Bulls ficharon ao ala-pivote Carlos Boozer, de quen se agardaba que fora titular ao comezo da tempada. Antes da pretempada, Boozer rompeuse a súa man, e Gibson foi titular nos primeiros 15 partidos da tempada. Tras o regreso de Boozer, Gibson foise ao banco e cambiou o seu rol no equipo a maior parte da tempada. Ao remate da tempada, os Bulls quedaron primeiros na Conferencia Leste.

O 10 de maio de 2011, Gibson axudou ao seu equipo a liderar por 3-2 as semifinais da Conferencia Leste contra os Atlanta Hawks, facendo os seus 11 puntos no derradeiro cuarto.

Oklahoma City Thunder O 23 de febreiro de 2017, Gibson foi traspasado xunto a Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Joffrey Lauvergne, Anthony Morrow e Cameron Payne.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards