miniatura|Fachada do castelo no que ten unha sede a institución. O Instituto Smithsoniano ou Smithsonian Institution é un centro de educación e investigación que posúe ademais un complexo de museos asociado. Está administrado e financiado polo Goberno dos Estados Unidos de América, ademais dos fondos que recibe grazas a doazóns, vendas, concesións, licenzas para actividades e revistas.
A maioría das súas instalacións están localizadas en Washington, D.C., pero entre os seus 19 museos, nove centros de investigación e un zoo atópanse algúns situados en Nova York, Virxinia ou Panamá, entre outros lugares. miniatura|141x141px|Dólar conmemorativo do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano O Smithsonian ten máis de 136 millóns de bens nas súas coleccións, publica dúas revistas (Smithsonian e Air&Space), e posúe unha forza de seguridade propia para protexer os visitantes, traballadores e propiedades dos distintos museos. O emblema da Institución é un sol estilizado.
Véxase tamén
Outros artigos
Dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos Museo das Finanzas dos Estados Unidos
Ligazóns externas Sitio web oficial da Smithsonian Institution
Categoría:Institucións científicas Categoría:Cultura dos Estados Unidos de América