Ishmael Larry "Ish" Smith, nado o 5 de xullo de 1988 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Xogou cos Wake Forest Demon Deacons na universidade, despois asinou coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, polos Houston Rockets o 23 de agosto de 2010. O 17 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League. Despois foi chamado de novo para xogar cos Rockets, pero o 24 de febreiro de 2011, foi traspasado aos Memphis Grizzlies xunto ao seu compañeiro Shane Battier a cambio de Hasheem Thabeet, DeMarre Carroll e unha futura elección de primeira rolda do Draft.

Na tempada 2011-12 asinou cos Golden State Warriors. Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86. Foi despedido polos Warriors o 14 de xaneiro de 2012.

O 2 de febreiro de 2012 asinou cos Orlando Magic.Magic Sign Ish Smith

O 21 de febreiro de 2013, Smith foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a J. J. Redick e Gustavo Ayón, a cambio de Beno Udrih, Doron Lamb e Tobias Harris.

O 29 de agosto de 2013, Smith e Viacheslav Kravtsov foron traspasados ós Phoenix Suns a cambio de Caron Butler.Suns Trade for Kravtsov, Smith From Bucks O 15 de xullo de 2014, Smith foi cortado polos Suns.Suns Release Ish Smith

O 19 de xullo de 2014, Smith asinou cos Houston Rockets.Rockets Add Depth to Roster with Signings Porén, foi cortado o 27 de outubro de 2014.Rockets Waive Adrien, Clark, Covington, Richmond and Smith

O 7 de novembro de 2014, Smith asinou cos Oklahoma City Thunder.Thunder Signs Ish Smith O 19 de febreiro de 2015, Smith foi traspasado xunto ós dereitos de Latavious Williams ós New Orleans Pelicans. Foi cortado polos Pelicans o mesmo día.

O 22 de febreiro de 2015, Smith asinou cos Philadelphia 76ers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Charlotte, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets