Furia de titáns (en ) é un filme estadounidense dirixido por Louis Leterrier baseado no filme de 1981 Loita de titáns. A historia trata sobre o mito grego de Perseo.

Sinopse Perseo (Sam Worthington) é fillo do deus Zeus (Liam Neeson) e a esposa humana de Acrisio (Jason Flemyng) rei de Argos. Noutras palabras: Perseo é un semi-deus. Ó decatarse do sucedido, Acrisio asasina a súa muller e enterra o cadáver xunto ó bebé acabado de nacer nun cadaleito que guinda ó mar. Por esta acción, o home é convertido en besta. Namentres, o pescador Dictis (Pete Postlethwaite) atopa o cadaleito e adopta o meniño.

Os habitantes de Argos, liderados polo seu rei, destrúen unha estatua adicada a Zeus, e o seu irmán envexoso Hades (Ralph Fiennes) decide vingarse por iso e mátaos, incluída a familia adoptiva de Perseo. Os soldados logran rescatalo e Hades aparece para advertilos de algo: no próximo eclipse de Sol, o demo Kraken destruirá a cidade en vinganza. A única solución é sacrificar a princesa Andrómeda (Alexa Davalos).

Coa axuda de oito soldados e dous cazadores, Perseo liderará un grupo para salvar a cidade e vingarse do asasinato da súa familia adoptiva, para así evitar que o seu tío logre derrocar a seu pai, do cal recibe axuda momentaneamente. Liderando unha banda de bravos guerreiros e acompañado por Ío (quen o protexeu dende que era un bebe), Perseo emprende unha perigosa viaxe meténdose en mundos prohibidos.

Personaxes

Sam Worthington como Perseo Liam Neeson como Zeus Ralph Fiennes como Hades Gemma Arterton como Ío Alexa Davalos como Andrómeda Mads Mikkelsen como Draco Jason Flemyng como Acrisio Tine Stapelfeldt como Danaë Nicholas Hoult como Eusebius Hans Matheson como Ixas Liam Cunningham como Solon Ian Whyte como Sheikh Sulieman Pete Postlethwaite como Spyros Elizabeth McGovern como Marmara Polly Walker como Casiopea Vincent Regan como Cepheus David Kennedy como Xeneral Kaya Scodelario como Peshet Luke Treadaway como Prokopion Danny Huston como Poseidón Izabella Miko como Atenea Tamer Hassan como Ares Luke Evans como Apolo Nathalie Cox como Artemisa Nina Young como Hera Agyness Deyn como Afrodita Paul Kynman como Hefesto Alexander Siddig como Hermes Charlotte Comer como Deméter Jane March como Hestia Natalia Vodianova como Medusa Mouloud Achour como Kucuk Ross Mullan como Pemphredo Ashraf Barhom como Ozal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb Web Oficial

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Louis Leterrier Categoría:Filmes producidos por Basil Iwanyk Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Thunder Road Films Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga Categoría:Filmes ambientados na Antigüidade clásica Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego