Jon Foster, nado o 3 de agosto de 1984, é un actor estadounidense. É coñecido polos seus traballos en filmes como Unha muller difícil no 2004, o filme de terror Stay Alive no 2006, e coprotagonizando xunto con Jenna Elfman a comedia Accidentally on Purpose.

Biografía Foster naceu en Boston, Massachusetts, fillo dos propietarios dun restaurante Gillian e Steven Foster. Ten un irmán máis vello, Ben, quen tamén é actor e que adoitaba describir ós seus pais como uns "hippies de espírito ceibe en contra da Guerra de Vietnam". Foster medrou baixo a doutrina relixiosa do seu pai, o xudaísmo. A súa avoa paterna emigrou de Rusia para fuxir dos pogroms en 1923.

A súa familia mudouse a Fairfield, Iowa, logo de que lles roubaran na súa antiga casa de Boston mentres estaban presentes.

Filmografía + Filmes Ano Título Papel Notas 2000 Thirteen Days Kenny O'Donnell, Jr. 2001 Life as a House Corey 2002 Murder in Greenwich Michael Skakel Nomeado—Young Artist Award por Mellor Actuación en Filme de televisión, miniserie ou especial 2003 Terminator 3: A rebelión das máquinas caixeiro 2004 Unha muller difícil Eddie O'Hare 2006 Stay Alive Hutch MacNeil 2008 The Mysteries of Pittsburgh Art Bechstein 2009 The Informers Graham 2009 The Last Rites of Ransom Pride Champ Pride 2009 Tenderness Eric Poole 2009 Fault Line 2009 Pandorum Pasaxeiro ruso 2010 Brotherhood Frank 2010 ''Criminal Empire for Dummy's Wayne

+ Televisión Ano Título Papel Notas 1999 Get Real Will Tempada 1, episodio 1 "Piloto" 2000 Judging Amy Gregory Dox Tempada 2 episodio 3 "Instincts" 2001 Danny Henry Personaxe habitual (9 episodios) 2004–2005 Life As We Know It Ben Conner Personaxe habitual (13 episodios) 2005 Law & Order: Special Victims Unit > Justin Sharp Tempada 6, episodio 19 "Intoxicated" 2006 Windfall Damien Cutler Personaxe habitual (13 episodios) 2009–2010 Accidentally on Purpose Zack (18 episodios)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en www.aboutfilm.com

Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América