Jonas Valančiūnas (AFI: [ˈjoːnɐs vɐɫɐnʲˈt͡ʃûːnɐs]), nado o 6 de maio de 1992 en Utena, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Lituania Nos primeiros anos da súa carreira, Valančiūnas xogou para o BC Perlas lituano, e dous anos máis tarde, ficharía polo BC Lietuvos Rytas, onde gañou a liga e a copa lituana.
NBA O 23 de xuño de 2011, Valančiūnas foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Toronto Raptors. Ata a tempada 2012-2013 non poderá xogar cos Raptors, debido á cláusula de 2.5 millóns que ten co Lietuvos Rytas. Os Raptors só poden pagar medio millón debido ás regras da NBA, pero Valančiūnas anunciou que el mesmo ía pagar o resto para poder xogar na NBA. O Lietuvos Rytas, porén, dixo que non lle permitiría xogar na NBA ata a tempada 2012-13.
O 7 de febreiro de 2019, Valančiūnas foi traspasado xunto a C. J. Miles, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Marc Gasol.
O 7 de agosto de 2021, Valančiūnas foi traspasado ós New Orleans Pelicans.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Utena Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do BC Lietuvos Rytas Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016