Jermaine Taylor, nado o 8 de decembro de 1986 en Tavares, Florida, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Taylor era o escolta titular da Universidade de Central Florida.
Traxectoria profesional Taylor foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Washington Wizards. Foi traspasado pouco máis tarde aos Houston Rockets a cambio de diñeiro.
O 29 de xaneiro de 2010, Taylor foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.Conroy promoted from D-League
O 4 de febreiro de 2010, foi chamado polos Rockets tras anotar 32 e 30 puntos en dous partidos cos Vipers. Foi enviado de novo aos Vipers o 19 de febreiro de 2010, pero chamado outra vez catro días despois máis tarde, e volveu aos Vipers o 17 de marzo de 2010. Taylor foi chamado polos Rockets de novo o 24 de marzo de 2010. Taylor xogou o seu primeiro partido coma titular contra Los Angeles Lakers o 27 de marzo de 2010, no cal anotou 15 puntos.
O 15 de decembro de 2010, Taylor foi traspasado aos Sacramento Kings, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft. Foi despedido polos Kings ao remate da tempada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC Categoría:Xogadores do Hapoel Tel Aviv BC