A laranxeira (Citrus x sinensis) é a árbore que dá a laranxa. Pertence ao xénero Citrus, que forma parte da familia das Rutáceas. Trátase dunha árbore de porte mediano - mais en óptimas condicións de cultivo chega até os 13 m de altura - , perenne, de copa grande, redonda ou piramidal, con follas ovais de entre 7 a 10 cm, de marxe enteira e frecuentemente estipuladas, e ramas en ocasións con grandes espiñas (máis de 10 cm). As súas flores brancas, denominadas azar, nacen illadas ou en acios e son sumamente fragrantes.

Hai gran cantidade de variedades diferentes, fundamentalmente pola calidade do froito e o sabor, que varía do doce ao ácido. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para a elaboración dalgúns licores, marmeladas e confeituras.

É orixinario da China, traído a occidente polos árabes.

Dáse en climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante, onde se acostuman regar por inundación unhas tres veces ao ano. Non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0°.

A este mesmo xénero pertencen o limoeiro, o mandarineira, o pomelo, a limeira, o kumquat, a laranxeira amarga ou agre...

Produción Segundo a FAOSTAT, en 2018, os principais produtores de laranxas foron:250px|miniatura|Laranxeira en Teaño, Cuntis Principais produtores de laranxas en 2019(toneladas)PosiciónPaísProdución1Brasil17 073 5932China10 435 7193India9 509 0004Estados Unidos4 832 5705México4 736 7156España3 226 8707Exipto3 197 0468Indonesia2 563 4859Irán2 308 73010Turquía1 700 000

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Laranxeira amarga Kumquat Flor de laranxeira

Categoría:Froiteiras Categoría:Citrus Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Híbridos vexetais Categoría:Rutáceas