O Deportivo Aragón, é un club de fútbol español, da cidade de Zaragoza, primeiro equipo filial do Real Zaragoza. Fundouse en 1958 e xoga actualmente na Terceira división.

O seu maior éxito foi ascender á Segunda división española no ano 1985, onde se mantivo unha única tempada.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca con raias azuis, pantalón azul e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta amarela con raias negras, pantalón negro e medias negras. Terceiro uniforme: Camiseta granate, pantalón azul e medias brancas.

Estadio

Cidade Deportiva do Real Zaragoza, con capacidade para 2.500 espectadores.

Datos do club Posto histórico de filiais: 12º. Tempadas en 2ª: 1. Tempadas en 2ªB: 24 Tempadas en 3ª: 27. Debut en Segunda: 1985-86. Mellor posto na liga: 18º (2ª división, tempada 1985-86).

Palmarés Subcampión da Segunda División B Española (3): 1984-85, 1987-88, 1999-00. Terceira División Española (3): 1982-83, 1995-96, 2006-07. Subcampión da Terceira División Española (6): 1966-67, 1967-68, 1977-78, 1993-94, 2008-09, 2010-11.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web do Real Zaragoza B en Futbolme.com

Categoría:Real Zaragoza Zaragoza B