A palabra florín pode ter varios significados. Ten a súa orixe no florín florentino, denominado fiorino d'oro en italiano, importante moeda en toda Europa nas Idades Media e Moderna, que deu nome a outras varias moedas:
Moedas modernas Florín das Antillas Neerlandesas, moeda oficial das Antillas Neerlandesas. Florín arubeño ou florín de Aruba, moeda oficial de Aruba. Florín húngaro, moeda oficial de Hungría desde 1946.
Moedas históricas Florín florentino, moeda da antiga República de Florencia. Florín aragonés, moeda de ouro cuñada pola Coroa de Aragón durante a Idade Media, imitando os floríns de Florencia. Florín neerlandés, moeda oficial dos Países Baixos desde o século XV até a súa substitución polo euro en 2002. Florín austro-húngaro (gulden austro-húngaro), usada desde 1794 a 1892. Florín (moeda australiana), usada desde 1910 a 1966. Florín (moeda inglesa), rara moeda de ouro equivalente a seis xilins, usada só en 1344, chamada tamén "double-leopard" (leopardo dobre). Florín (moeda irlandesa), moeda de dous xilins acuñada desde 1928 a 1968. Florín (moeda neozelandesa), acuñada desde 1933 a 1965. Gulden do sur de Alemaña, usada desde 1754 a 1873 por varios estados xermáns. Florín (moeda británica), moeda acuñada desde 1849 a 1970 que contiña as inscricións one florin ("un florín"), two shillings ("dous xilins") ou ámbalas dúas denominacións. Florín de África Oriental, usada nas colonias e protectorados británicos do leste de África desde 1920 a 1921. Florín Lombardo-Véneto, usada no estado anterior á unificación italiana do Lombardo-Véneto desde 1862 a 1866. Florín dos Estados Unidos de Bélxica, usada en 1790, foi chamada coloquialmente "Lion d'Argent" (león de prata).