AMOS 3 (עמוס 3 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Zenit-3SLB o 28 de abril de 2008 desde o cosmódromo de Baikonur, en Kazakhstán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o terceiro satélite de comunicacións israelí.

Características AMOS 3 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste para substituír a AMOS 1 (vendido a Intelsat e coñecido agora como Intelsat 24). Leva quince transpondedores en banda Ku e o seu tempo estimado de vida é de 18 anos.

Foi lanzado por un foguete Zenit na súa configuración Zenit 3SLB, sendo o primeiro lanzamento desta configuración e o primeiro contratado á organización Land Launch.

Orixinalmente o satélite debería ter sido posto en órbita en 2007, atrasándose para marzo de 2008, e sendo posposto ata o 24 de abril de 2008. O lanzamento do 24 de abril foi abortado por razóns técnicas. A causa foron problemas co sistema de erección e transporte do foguete, que fallou en retirarse e apartarse do foguete para o seu lanzamento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos AMOS 1 AMOS 2 Zenit-3SLB

Categoría:Satélites artificiais de Israel