Astrónomo Real é un alto cargo da Casa Real da monarquía do Reino Unido. Hai dous oficiais, o sénior que é o Astrónomo Real, existe desde 22 de xuño de 1675; o segundo é o Astrónomo Real de Escocia, data de 1834.
Historia e características O rei Carlos II, que fundou o Observatorio Real de Greenwich en 1675, instruíu o primeiro Astrónomo Real John Flamsteed, «...a inmediatamente dedicarse co coidado e dilixencia máis exacta para corrixir as táboas dos movementos dos ceos, e os lugares das estrelas fixas, para descubrir a así moito desexada lonxitude de lugares para o perfeccionamento da arte da navegación».
Desde ese tempo ata 1972, o Astrónomo Real foi director do Observatorio Real de Greenwich. Como Astrónomo Real, recibe un estipendio de 100 libras esterlinas por ano e é membro da Casa Real, baixo a autoridade xeral do Lord Chamberlain. Despois da separación das dúas funcións, a posición de Astrónomo Real ten sido en gran parte honorífico, aínda que el permanece dispoñible para aconsellar o Soberano sobre astronomía e temas e materias científicas relacionadas, e é un cargo de gran prestixio.
Houbo tamén anteriormente un Astrónomo Real de Irlanda.
Astrónomos reais 1675-1719 John Flamsteed 1720-1742 Edmond Halley 1742-1762 James Bradley 1762-1764 Nathaniel Bliss 1765-1811 Nevil Maskelyne 1811-1835 John Pond 1835-1881 Sir George Biddell Airy 1881-1910 Sir William Christie 1910-1933 Sir Frank Dyson 1933-1955 Sir Harold Spencer Jones 1956-1971 Richard van der Riet Woolley 1972-1982 Sir Martin Ryle 1982-1990 Sir Francis Graham-Smith 1991-1995 Sir Arnold Wolfendale 1995-presente Martin Rees, Barón Rees de Ludlow
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Portraits of the Astronomers Royal Astronomer Royal for Scotland
Categoría:Astronomía Categoría:Política do Reino Unido