Diego Rivas Rego, nado o 27 de maio de 1987 en Narón, é un exfutbolista galego. Tras retirarse en 2023, pasou a ser adestrador de porteiros.
Traxectoria
Racing de Ferrol Naceu en Narón e formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando na tempada 2005/06 a ser convocado co primeiro equipo deste, que militaba en Segunda División. Na tempada seguinte foi o porteiro titular do Galicia de Mugardos, filial do Racing por aquel entón.
Narón e Fabril (2007-2011) No verán de 2007 deixou o equipo verde e fichou polo Narón Balompé, de Terceira División. Xogou no club da súa vila durante dúas tempadas ata que foi fichado polo Fabril en xullo de 2009. O 23 de maio de 2010 Diego Rivas xogou un papel crucial para acadar o ascenso a Segunda División B, detendo dous lanzamentos contra o Burgos CF na quenda de penaltis, no partido de volta da eliminatoria de ascenso. Ao remate da tempada 2010/11 anunciouse que non continuaría no Fabril.
CD Lugo (2011-2012) En xullo de 2011 asinou co CD Lugo, equipo co que participou do histórico ascenso á Segunda División na tempada 2011/12 sendo unha peza clave do equipo e destacando especialmente na eliminatoria da fase de ascenso contra o Atlético Baleares. Tras o ascenso fichou polo Elche por tres tempadas.
Elche (2012-2014) Na súa primeira campaña co club ilicitano conseguiu o ascenso á Primeira División, pero disputando moi poucos minutos, sendo Manu Herrera o porteiro titular. Na seguinte tempada (2013/14) foi cedido a dous equipos de Segunda, en busca de minutos, a SD Eibar e o CD Tenerife, pero a historia repetiuse e en ambos clubs actuou como porteiro suplente. No verán de 2014 rescindiu o contrato co Elche, ao non entrar nos plans do técnico Fran Escribá.
En agosto fichou polo Albacete de Luis César Sampedro, tamén en Segunda. Tampouco no equipo manchego puido xogar moitos partidos, tendo por diante a Fran Dorronsoro e o compostelán Alberto Domínguez.
Guijuelo (2015-2016) En agosto de 2015 fichou polo CD Guijuelo, de Segunda B, onde non chegou a debutar por mor do grande estado de forma do porteiro Kike Royo.
Auckland City (2016) En xaneiro de 2016 deixou o Guijuelo e fixo a maleta cara a Nova Zelandia, fichando polo Auckland City, adestrado polo barcelonés Ramón Tribulietx. No equipo neozelandés foi titular, acabando a liga regular na primeira posición, pero perdendo na final dos playoffs contra o Team Wellington. O equipo chegou ademais á final da Liga de Campións da OFC, onde se enfrontou de novo ao Team Wellington, derrotándoo esta vez por 3-0, con Diego Rivas como porteiro titular.
UCAM Murcia (2016-2017) En xuño de 2016 regresou a España, fichando polo UCAM Murcia. Disputou 26 partidos co club murciano na Segunda División B, encaixando 23 goles.
Lleida Esportiu (2017-2018) En xullo de 2017 fichou polo Lleida Esportiu. Xogou 38 partidos co equipo catalán, encaixando 35 goles.
Racing de Ferrol (2018-2023) En agosto de 2018, máis dunha década despois da súa saída, volveu ao Racing de Ferrol, club no que se formou. Gañou a titularidade dende o primeiro momento e foi un dos piares no ascenso do equipo á Segunda División B na tempada 2018/19, así como nas seguintes tempadas. Deixou o fútbol no verán de 2023. Adestrador de porteiros
Na tempada 2023-24 fichou como adestrador de porteiros polo CD Arenteiro.
Palmarés
Elche CF
Segunda División (1): 2012/13
Auclkand City FC
Liga de Campións da OFC (1): 2016
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en lapreferente.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Narón Categoría:Futbolistas de Narón Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Narón Balompé Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do CD Guijuelo Categoría:Xogadores do Auckland City FC Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol