Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas (California), é un xogador de voleibol praia e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria profesional Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.

O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.

O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de San Diego Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de voleibol praia olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores de voleibol praia nos Xogos Olímpicos de 2024