Orestes Jodie Meeks II, nado o 21 de agosto de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional O 7 de abril de 2009, Meeks declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009, e a súa intención de non contratar a un axente, deixando aberta a posibilidade de volver á universidade de Kentucky a seguinte tempada. O 25 de xuño de 2009, Meeks foi elixido na 41ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks.
O 18 de febreiro de 2010, Meeks foi traspasados aos Philadelphia 76ers xunto con Francisco Elson a cambio de Primoz Brezec e Royal Ivey.
O 26 de novembro de 2010, Meeks anotou 21 puntos, a máxima anotación da súa carreira ata ese intre na derrota por 99-90 contra os Miami Heat. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 3 de decembro de 2010, acadando 9 puntos, 1 rebote e un roubo de balón en 19 minutos de xogo. No seu segundo partido coma titular, mellorou a súa mellor marca de anotación, ao facer 26 puntos (20 deles no primeiro cuarto), con 9 de 16 tiros de campo, incluíndo 7 de 10 triplas.
O 13 de agosto de 2012, Meeks asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Lakers, cun valor de 3 millóns de dólares. O 9 de marzo de 2014, anotou 42 puntos, a máxima anotación coma profesional, na vitoria dos Lakers por 114-110 contra os Oklahoma City Thunder.
O 14 de xullo de 2014, Meeks asinou cos Detroit Pistons un contrato de 3 anos e 19.5 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ESPN.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors