James Simon Wallis Hunt, nado en Belmont, Sutton, o 29 de agosto de 1947 e finado en Wimbledon o 15 de xuño de 1993, foi un piloto de Fórmula 1 e comentarista deportivo en televisión. Proclamouse Campión Mundial de Pilotos en .
Os seus inicios
James Hunt naceu en Belmont, Sutton, Surrey, era o segundo fillo de Wallis (1922-2001), un exitoso corredor de bolsa, e Sue Hunt. Os seus pais criárono nos estritos ambientes vitorianos e traballo duro para manter a disciplina na familia. Tiña unha irmá máis vella, Sally, tres irmáns máis novos, Peter, Timothy e David, e unha irmá moi nova, Georgina.Young and Hunt 1978, p. 9. A familia de Hunt viviu nun piso en Cheam, Surrey, trasladouse a Sutton, cando tiña 11 anos e logo a unha casa máis grande en Belmont.Donaldson 1994, pp. 11–12. Antes do seu quinto aniversario, Hunt matriculouse nunha clase da gardería en Ambleside. Posteriormente, educouse en Westerleigh School en Hastings, East Sussex a partir de 1955, e máis tarde no Colexio Wellington de Crowthorne, Berkshire .
Cando era novo, Hunt converteuse nun deportista competente. Xogou co equipo de crícket da escola Westerleigh, e xogou de porteiro de fútbol durante dous anos. Á idade de 12 anos entrou nun torneo de tenis para menores de 17 anos, e perdeu na final cun rival de 16 anos de idade. En lugar de felicitarse a si mesmo, chorou durante horas. Máis tarde competiu como júnior de Wimbledon, e tamén se converteu nun entusiasta xogador de squash e golfista.
Cando era un pícaro, Hunt estaba fascinado cos animais e aves, e tiña a intención de converterse en médico, co que estaba de acordo a súa familia. Pero, tiña unha personalidade persistentemente rebelde; por exemplo, os seus pais crían que empezara a fumar a idade de 10 anos, un costume que continuou ata a idade adulta, malia os seus intentos para deixalo. Era propenso ás rabietas violentas; como adulto, recoñeceu que era irascible.
Hunt aprendeu a conducir nun tractor nunha granxa en Pembrokeshire, Gales, durante unhas vacacións en familia, coa instrución do propietario da granxa.Donaldson 1994, pp. 16–19. Hunt pasou o seu exame de conducir unha semana despois do se 17º aniversario, momento no que dixo que a súa vida "comezou realmente".Donaldson 1994, pp. 24–30. Hunt tamén probou o esquí en 1965 en Escocia e fixo plans para outras viaxes de esquí. Antes de cumprir os 18 anos, foi a casa de Chris Ridge, o seu compañeiro de dobres no tenis. O irmán de Ridge, Simon, corría en Minis, e preparaba o seu coche para unha carreira en Silverstone esa fin de semana. Ridge levou a Hunt a ver a carreira, e aquí comezou a súa obsesión co automobilismo.Donaldson 1994, pp. 29–31.
Empezou correndo cun Mini propio, pasando logo á Fórmula Ford e á Fórmula 3. Hunt pronto foi recoñecido como un corredor rápido e espectacular, pero propenso a aparatosos accidentes, de aquí o seu ben gañado alcume de "Hunt the Shunt" (Hunt o tortazos).
En maio de 1972 anunciouse por parte do equipo STP-March que fora dado de baixa do equipo de Fórmula 3 e substituído por Jochen Mass. Despois da terminación da súa relación con STP-March, Hunt uniuse ao equipo Hesketh, onde era considerado como unha alma xemelga. O equipo inicialmente participou con Hunt na Fórmula 2 con pouco éxito, pero Lord Hesketh anunciou que participarían na F1, xa que non era significativamente máis caro.
Andaina na Fórmula 1
1973-1975: Hesketh right|300px| Hesketh 308 de Hunt de pilotado polo seu fillo, Freddie, en 2007 1973
Hesketh comprou un chasis dun March 731, que foi desenvolvido por Harvey Postlethwaite. O equipo inicialmente non foi tomado en serio polos rivais, que vían o equipo Hesketh como uns asistentes á festa gozando do glamour da Fórmula Un. A funda de piloto de Hunt mostraba un parche redondo feito especialmente que dicía: "Sexo: Almorzo de Campións" e máis tarde cambiou a un parche ovalado que dicía: "O sexo é unha cousa de alto rendemento".Donaldson 1994, p. 142.. Con todo, o March Hesketh demostrou ser moito máis competitivo que os coches oficiais de March, e o seu mellor resultado foi o segundo lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1973. Hunt tamén fixo unha breve incursión nas carreiras de coche deportivo nas Kyalami Nine Hours de 1973, pilotando un Mirage M6 xunto con Derek Bell, terminando segundo..McDonough 2012, pp. 78–79.
Tralo final da tempada, Hunt foi galardoado co trofeo de Campbell da RAC pola súa actuación na Fórmula Un como o mellor piloto británico.Donaldson 1994, p. 114. 1974 Para a tempada Hesketh construíu un coche, inspirado no March, chamado Hesketh 308, pero o motor V12 que o acompañaba nunca se materializou. A primeira proba do coche de Hunt chegou en Silverstone e atopouno máis estable que o seu predecesor, o March 731. Hunt foi retido cun soldo de £ 15.000.Donaldson 1994, p. 117. O equipo Hesketh captou a imaxinación do público como un coche sen marcas de patrocinadores, unha insignia dun oso de peluche e un equipo de espírito despreocupado, que desmentía o feito de que os seus enxeñeiros eran profesionais altamente competentes. Na Arxentina, Hunt cualificou quinto e liderou brevemente antes de ser superado por Ronnie Peterson antes de que Hunt trompeara e, finalmente, se retirara debido a un fallo do motor.Donaldson 1994, p. 118. En Suráfrica, Hunt retirouse do 5º lugar cun eixe de transmisión rota.Donaldson 1994, p. 122. O punto culminante da tempada de Hunt foi unha vitoria na carreira fóra de campionato BRDC International Trophy en Silverstone, fronte a maioría dos pilotos habituais da F1. 1975 miniatura|Hunt no Hesketh en 1975 Hunt logrou un sexto posto no Brasil e retirouse por un fallo de motor en Suráfrica. En España, Hunt liderou as primeiras seis voltas antes de chocar cunha barreira a mesma causa que a súa retirada en Mónaco. Sufriu outras dúas retiradas en Bélxica e Suecia, debidas a fallas mecánicas.Donaldson 1994, pp. 135–136. A primeira vitoria de Hunt chegou no Gran Premio dos Países Baixos de 1975 en Zandvoort. Terminou cuarto no campionato dese ano, pero Lord Hesketh quedou sen fondos e non puido atopar un patrocinador para o seu equipo. Pouco tempo antes do inicio da tempada de , Hunt estaba buscando desesperadamente unha unidade, cando Emerson Fittipaldi deixou o equipo McLaren e uniuse ao equipo do seu irmán Copersucar-Fittipaldi . Sen outros mellores pilotos dispoñibles, a dirección do equipo fichou a Hunt en McLaren, un acordo negociado por John Hogan de Marlboro, para a seguinte tempada cun contrato de 200.000 $ dólares.New York Magazine, 7 de xuño de 1976, p. 66. Hunt provocou de inmediato un gran revoo ao negarse a asinar unha cláusula no seu contrato que estipulaba que tiña que vestir de traxe nos actos do patrocinador. Hunt usaba camiseta e pantalóns vaqueiros e ía a miúdo descalzo aos actos do patrocinador aos que asistían os líderes mundiais, presidentes de empresas e magnates dos medios.
1976-1978: McLaren miniatura| right | Hunt líder diante de John Watson no Gran Premio dos Países Baixos de 1976. 1976 1976 foi o mellor ano de Hunt, a tempada resultou ser unha das máis dramáticas e polémicas da historia. Aínda que as actuacións de Hunt no Hesketh déranlle unha boa sona, había algunhas conxecturas de si realmente podía ser un firme candidato ao campionato. Agora, como piloto de fábrica de McLaren, disipou moitos escépticos na primeira carreira no Brasil, onde, nun McLaren M23 apresuradamente reconstruído, conseguiu a pole position nos últimos minutos da cualificación. No transcurso do ano ía levar ao McLaren M23 a seis vitorias en Grandes Premios, pero cunha fiabilidade superior, o entón actual campión do mundo e principal rival Niki Lauda sacoulle uns puntos substanciais nas primeiras carreiras da tempada. A primeira vitoria de Hunt en 1976, foi na cuarta carreira da tempada, o Gran Premio de España, pero foi descualificado polos comisarios por ser 1´8 cm máis ancho do límite legal. A vitoria foille reintegrada máis tarde logo dunha apelación, pero marcou a pauta para unha tempada extraordinariamente volátil. No Gran Premio do Reino Unido, Hunt estivo involucrado nun incidente con Lauda na primeira curva na primeira volta que levou a deter a carreira e reiniciala. Hunt inicialmente tratou de saír no coche de reserva, pero, isto prohibiuse, durante este tempo o coche de carreiras orixinal foi reparado, e finalmente gañou a reiniciada carreira."Hunt wins third grand prix in the confusion." The Glasgow Herald, 19 de xullo de 1976, p. 14. A vitoria de Hunt foi anulada o 24 de setembro por unha decisión da FIA despois de que Ferrari queixarase de que Hunt non estaba legalmente autorizado para reiniciar a carreira."James Hunt set for war". The News-Dispatch, 9 de outubro de 1976, p. 8.
Lauda sufriu feridas case mortais nun accidente na seguinte carreira, o Gran Premio de Alemaña en Nürburgring. Hunt dominou a reiniciada carreira de Nürburgring, acadando unha vantaxe inmediata que aguantou atas a bandeira a cadros.
As lesións de Lauda mantivérono fóra das seguintes dúas carreiras, o que permitiu a Hunt pechar a brecha na loita polo campionato. En Zandvoort, Hunt superou a Ronnie Peterson na 12ª volta e resistiu a presión de John Watson para gañar."Dutch Grand Prix Hunt's Birthday Gift."The Pittsburgh Press, 30 de agosto de 1976, p. 18. No Gran Premio de Italia, a gran noticia era o milagroso retorno de Lauda logo do seu accidente de Nürburgring. Nun circuíto perfecto para o coche de Hunt, o combustible Texaco que utilizaba McLaren foi examinado e aínda que aparentemente legal, os seus coches e tamén os do equipo Penske, foron xulgados por conter un nivel de octanaxe máis alto que o permitido. Posteriormente ambos equipos víronse obrigados a empezar desde a parte posterior da grella. Ao tratar de remontar Hunt trompeou, mentres que Lauda no seu regreso terminou cuarto. Na seguinte carreira no Canadá, Hunt descubriu que fora descualificado do GP do Reino Unido e Lauda adxudicarase a vitoria e sumara 3 puntos adicionais. Un Hunt furioso fixo unha carreira moi dura no esixente circuíto de Mosport Park e gañou. E na penúltima carreira nos Estados Unidos na intimídante pista de Watkins Glen, Hunt comezou desde a pole e levouse a vitoria logo dunha disputada batalla con Jody Scheckter."Hunt Captures US Grand Prix; Ickx Injured." The Milwaukee Sentinel, 11 de outubro de 1976, p. 9B.