The Last Airbender é un filme estadounidense dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2010. É unha adaptación da serie de animación Avatar: The Last Airbender de Michael Dante DiMartino.
Sinopse Ar, Auga, Terra e Lume son catro nacións enlazadas polo destino cando a Nación do Lume declara a guerra ás outras Nacións. Tras un século de loita, non parece haber esperanza de que algo poida cambiar este contorno de destrución. Aang (Noah Ringer), é o máis recente sucesor do ciclo do avatar e deberá viaxar polo mundo ata chegar ó polo norte, xunto a Katara (Nicola Peltz) e a Sokka (Jackson Rathbone), para aprender a dominar os 4 elementos e rematar coa guerra. Entre o combate e a valentía, Aang descobre que é o único Avatar co poder de manipular os catro elementos. Durante a súa viaxe serán perseguidos polo príncipe Zuko (Dev Patel), o cal intentará capturar ó avatar para recuperar a súa honra.
Personaxes Noah Ringer como Aang Dev Patel como Príncipe Zuko Nicola Peltz como Katara Jackson Rathbone como Sokka Shaun Toub como Iroh Aasif Mandvi como Zhao Seychelle Gabriel como Princesa Yue Cliff Curtis como Ozai Summer Bishil como Princesa Azula Francis Guinan como Pakku Randall Duk Kim como Vello home do templo Issac Jin Soletein como Haru Keong Sim como Tyro John Noble como Espírito do Dragón
Galardóns e nomeamentos 2010: 5 Premios Razzie, incluíndo peor filme, director e guión. 9 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por M. Night Shyamalan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes de Blinding Edge Pictures Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes rodados en Vietnam Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes sobre a reencarnación Categoría:Filmes de Nickelodeon Movies Categoría:Filmes rodados en Groenlandia Categoría:Filmes ambientados na Antártida