Ben Roy Mottelson, nado en Chicago, Illinois (EUA) o 9 de xullo de 1926 e finado o 13 de maio de 2022,Ben Roy Mottelson foi un físico danés, de orixe estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.

Traxectoria Estudou física na Universidade de Purdue en 1947 e doutorouse na Universidade Harvard en 1950.

En 1948 iniciou as súas colaboracións no Instituto Niels Bohr de Dinamarca, á beira de Aage Niels Bohr e Leo James Rainwater, ao redor da estrutura do núcleo atómico cousa que lles permitiu describir a mecánica cuántica do nucleón. En 1971 conseguiu a cidadanía danesa, e en 1975 foi galardoado co prestixioso Premio Nobel de Física, xunto cos seus colaboradores, "pola súa procura na descrición cuántica dos nucleóns".Nobel prize citation. Nobelprize.org. Consultado o 18 de febreiro de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Dinamarca Categoría:Alumnos da Universidade Harvard